COLE A COLE

IES Celso Emilio Ferreiro: formación global nun centro dinámico

Escolares del centro IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (MIGUEL ÁNGEL).
photo_camera Escolares del centro IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (MIGUEL ÁNGEL).

No IES Celanova Celso Emilio Ferreiro complementase a formación académica cunha visión multidisciplinar e a presenza das TIC no día a día e en todas as propostas que se levan a cabo

A formación integral do alumnado é unha firme aposta no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro. Ao longo de todo o curso lévanse a cabo charlas, saídas e intercambios que resultan de óptimos para acadar o obxectivo, unha formación académica cunha visión multidisciplinar. A gran presenza das TIC en todas as actividades que se levan a cabo é un valor engadido neste centro de ensino de ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica, ao que hai que engadir unha sección da Escola Oficial de Idiomas, onde se ofertan os niveis Básico e Intermedio de inglés no propio instituto. 

No tocante ás charlas didácticas son de temáticas moi variadas e procurando atender a preocupacións sociais e temas de actualidade como son os relatorios e coloquios sobre redes sociais, seguridade vial, drogas, alcohol, universidades, escritores, etcétera. Andorra, Roma, Xenebra, Granada, Ourense ou Santiago son algúns dos destinos das saídas culturais onde os escolares profundan na aprendizaxe dun idioma, en temas de historia, arte, etcétera. Outra das características deste centro de ensino da vila de San Rosendo é a participación en actividades de intercambio con outros centros de ensino galego o que tamén enriquece a formación do alumnado. Froito deste intenso traballo multidisciplinar, recentemente recoñeceuse ao centro co V Premio Concurso de Traballos por Proxectos, "Consortes con Sorte", da Consellería de Educación, e tamén obtiveron un accésit nos premios Plan Proxecta pola iniciativa sobre Meteoescolas.

As actividades complementarias e extraescolares é outro dos factores que converten ao IES Celanova Celso Emilio Ferreiro nun referente na formación integral. Así, nos dous recreos levan a cabo actividades como aula de apoio, recreos con deporte, a froita como alimento, xogos de mesa na biblioteca e moitas máis actividades interesantes. O alumnado deste instituto tamén colabora con diversas entidades da comarca e adquiren tamén así un coñecemento máis global. 


PROXECTOS INTERDISCIPLINARIOS


No IES de Celanova levan a cabo durante todo o curso un gran número de proxectos interdisciplinarios.  Así, participan nos Contratos Programa onde traballan na mellora da competencia matemática, lingüística e tecnolóxica, pondo en marcha a aula 201 nos recreos (repaso de matemáticas e linguas) e clases extraescolares de Deseño en 3D e tamén fomentan a igualdade desde as titorías. Outro dos proxectos destacados do centro é Meteoescolas, onde o alumnado do primeiro ciclo de ESO traballa con datos da caseta meteorolóxica, levan un rexistro diario de datos que inclúen na web de Meteogalicia e elaboran e analizan gráficas para extraer conclusións sobe o clima en Celanova. O proxecto "Mens sana in corpore sano" busca educar ao alumnado en hábitos de vida saudables e deportivos. Foméntase a froita, realizan actividades deportivas e tamén levaron a cabo unha xornada de primeiros auxilios.

O proxecto Galicons-net é outra das iniciativas que se leva a cabo no instituto co que se pretende educar ao alumnado en hábitos de consumo responsable e saudable. Para que o alumnado coñeza e valore o patrimonio cultural, artístico, etnográfico e lingüístico da vila de Celanova e da súas contorna máis próxima, lévase a cabo o proxecto Fraguas. Por último e como espazo destacado do centro está a biblioteca, que abre as súas portas en horario extraescolar as tardes dos martes, mércores e xoves. É o eixe de moitos dos proxectos que levan a cabo e onde anualmente se realiza un campaña denominada "Voces de Muller". 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma