XORNAL ESCOLAR

Igualdade real e efectiva entre xéneros

XINZO DE LIMIA (IES CIDADE DE ANTIOQUÍA). 09/03/2018. OURENSE. Reportaje para el suplemento Xornal Escolar. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera No Día da Muller organizaron unha mesa redonda na que participaron mulleres de diferentes entornos laborais que respostaron ás distintas preguntas que formularon os alumnos e alumnas.

No IES Cidade de Antiquía están a traballar con diferentes actividades co fin de formar ao alumnado nos principios de igualdade de xénero, modificando os estereotipos socialmente aceptados actualmente

O IES Cidade de Antioquía comezou este curso escolar participando nun dos moitos proxectos que presenta cada ano a Consellería de Educación. Trátase do Contrato-Programa. Xa desde o primeiro momento, neste centro de ensino de Xinzo de Limia, algo dicía que non sería un proxecto máis, nin unha actividade de moitas, e que, polo menos, invitaría a pensar e a cambiar condutas do día a día. Puxéronlle nome propio á iniciativa, chamarlle ás cousas polo seu nome é beneficioso para acadar os obxectivos. "Igualdad de género. Igualdad real y efectiva entre mujeres y hombres". Contribuír ao pleno desenvolvemento persoal, psicolóxico e social é o fin desta iniciativa ou o que é o mesmo, formar persoas.

A actividade está dirixida a todo o centro, sen excepcións, e lévase a cabo durante todo o curso con distintas actividades, Así, traballan nas titorías unha hora semanal, actividades dirixidas a romper estereotipos de xénero (con fichas, programas, visionado de películas, etcétera). Os diferentes departamentos lingüísticos do centro propoñen slogans contra a violencia, "Querémonos libres, querémonos vivas", e o Departamento de Plástica, realiza debuxos asociados con estes slogans e así decoran o centro. Tamén participan en visitas a museos, con exposicións de temática de igualdade de xénero e a realización de obradoiros sobre estes. Mesas redondas, visionado de documentais ou lectura de manifestos no Día da Paz completan as actividades programadas neste ambicioso proxecto. Isto non fica aquí. No IES Cidade de Antioquía queren máis e non pararán ata conseguir alumnos e alumnas que sexan competentes a nivel de igualdade de xénero. É un traballo complexo co que queren continuar o vindeiro curso.


Obxectivos


Alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional están inmersos nesta actividade que deixa claro que o feminismo é un movemento social, que persegue a igualdade de dereitos e deberes entre homes e mulleres. 

Transmitir á comunidade educativa o compromiso coa igualdade de xénero, formar ao alumnado nos principios de igualdade de xénero, sensibilizar á comunidade educativa sobre os valores dos novos modelos familiares, modificar os estereotipos de xénero socialmente aceptados e dotar de habilidades sociais e mellorar a intelixencia de carácter emocional son os obxectivos deste proxecto que no IES Cidade de Antioquía está a calar intensamente na comunidade educativa.


A igualdade, un compromiso de todos


A brecha salarial, a desigualdade de oportunidades, a dificultade para conciliar a vida laboral e familiar, as víctimas da violencia de xénero, o medo a estar soa na rúa a determinadas horas e a publicidade sexista ocuparon boa parte da mesa redonda que organizaron no IES Cidade de Antioquía no Día da Muller. Participaron as alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO, de 1º de Bacharelato e de Formación profesional e, na mesa, mulleres de diferentes entornos laborais, entre elas unha médica, unha abogada, unha camareira, varias profesoras e sindicalistas. María Alexia, orientadora do instituto, foi a encargada de moderar a mesa e dar paso ás preguntas que o alumnado tiña preparadas para as convidadas. 

Con esta iniciativa querían deixar claro que o feminismo é un movemento social, que persegue a igualdade de dereitos e deberes entre homes e mulleres. A experiencia foi un éxito e os alumnos e alumnas foron moi participativos.

O proxecto continúa e non deixará de facelo ata que se acaden os obxectivos: formar alumnos e alumnas competentes a nivel de igualdade de xénero.  Entre as próximas accións está seguir co traballo transversal en diferentes materias, así, a través dos departamentos de Historia e Música, analizarán o papel da muller nestes dous ámbitos.

Tamén seguirán traballando nas titorías, a creación de patios coeducativos, a visita dun transexual ao centro, da escritora de "22 segundos" e dunha muller que sufriu igualdade de xénero.

O balance do proxecto ata o de agora está a ser moi positivo e xa se está conseguindo eliminar estereotipos e prexuízos hacia determinados términos que o alumnado valoraba negativamente, tales como o feminismo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar