XORNAL ESCOLAR

Investigadores precoces, en acción

Dibujosdfsdfsdf
photo_camera Todos os proxectos foron do máis interesantes e o momento máis divertido foi o da posta en práctica.

 A delegación máis numerosa na exposición de proxectos procedeu da provincia de Pontevedra, cun total de 32 equipos defendendo as súas investigacións e inventos

O cambio climático centrou a primeira edición de primavera da maior feira científica de Galicia, Galiciencia que suma en total trece edicións e conta coa colaboración da Consellería de Economía. Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt). Medio cento de proxectos de escolares de Secundaria e Bacharelato competiron polo primeiro premio do certame, acompañados por outros 27 traballos realizados por alumnado de Primaria, fóra de concurso.

 A delegación máis numerosa na exposición de proxectos procedeu da provincia de Pontevedra, cun total de 32 equipos defendendo as súas investigacións e inventos. A eles súmanse 29 de Ourense, 9 da Coruña, 5 de Lugo e 2 de Barcelona. Xunto ao cambio climático, a innovación no rural e a mellora da calidade de vida protagonizaron durante tres días o evento tecnolóxico que contou con máis de 2.000 visitas na Tecnópole. Ademais de documentar os efectos do cambio climático na contorno, esta edición buscaba tamén concienciar aos cidadáns para paliar esta situación. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma