Photocall

O ioga en familia é máis divertido

mandal1d
photo_camera Nai e filla facendo Ioga.

Foi unha actividade sensacional impartida por Parvati Devi, monitora do centro e profesora de ioga integral

Disfrutar, compartir e fortalecer vínculos cos máis cativos da casa. Este é un dos obxectivos da actividade Ioga en Familia que hai uns días compartiron un grupo de nenos e nenas cos seus pais e nais. Foi no centro Mandala de Ourense e os participantes puideron disfrutar dos beneficios do ioga, ao tempo que se divertían en familia, sen dúbida unha alternatica de ocio divertida e saudable.

Esta actividade tan beneficiosa para a saúde, adaptouse nesta ocasión para os nenos e nenas. Deste xeito aprenderon a respirar correctamente, asanas (esto é posturas) clásicas como o saúdo ao sol, os equilibrios propios do acroioga, etcétera.

Foi unha actividade sensacional impartida por Parvati Devi, monitora do centro e profesora de ioga integral.

Unha vez ao mes, os nenos teñen a oportunidade de practicar esta disciplina física e mental acompañados por membros da súa familia. A próxima cita será o sábado, 17 de febreiro, a partir das 12.00 horas no centro Mandala. Será de novo unha boa ocasión para que nenos e maiores compartan unha activiade en familia, que sempre son máis divertidas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?