COLEXIO PADRE FEIJÓO ZORELLE

Lembranza a grandes mulleres da historia

20180320111355093_result
photo_camera Ao final da actividade, todos posaron cos seus debuxos de Marie Curie.

Carlos Cuesta, alumno de 4º de ESO, foi o encargado de presentar magnificamente a Marie Curie aos escolares de 5 anos

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, escolares do CEIP Padre Feijoo Zorelle participaron en mini proxectos sobre distintas mulleres que cambiaron o mundo como Frida Khalo, Clara Campoamor, Malala e Marie Curie.

Para coñecer mellor a Marie Curie contaron coa colaboración de Carlos Cuesta Temes, alumno de 4º de ESO do centro, gañador do primeiro premio do Concurso de debuxo da muller e a ciencia, que por un día se convertiu en profesor dos escolares de 5 anos.

Mentras debuxaba a Marie Curie ía explicando a súa biografía, fancendo especial fincapé nos dous Premios Nóbel que gañou. Posteriormente, os cativos pintaron o debuxo que levaría para as súas casas. Foi unha experiencia magnífica, enriquecedora e motivadora para todos os que participaron na actividade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma