EXPOSICIÓN

Libros de Don Bosco para todas as idades e en todos os idiomas, en Amencer

Ourense. 09/01/18. Presentación exposición de libros de Don Bosco en Amencer. En la foto estudiantes con los libros.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Estudiantes con los libros sobre Don Bosco en Amencer.

Ata o 4 de febreiro, a Sala Aberta da Asociación Xuvenil Amencer acolle a exposición con 95 libros e publicacións sobre a vida e o pensamento de San Xoán Bosco

Desde o pasado 9 de xaneiro e ata o 4 de febreiro, a Sala Aberta da Asociación Xuvenil Amencer acolle a exposición “Libros de Don Bosco para todas as idades e en todos os idiomas”. Trátase dunha colección de de 95 libros e publicacións sobre a vida e o pensamento de San Xoán Bosco. Hai libriños e banda deseñada destinada aos máis cativos como tamén libros que reflexionan sobre o pensamento pedagóxico e espiritual de Don Bosco para os máis adultos. Ofértanse moitas vidas de Don Bosco desde os máis diversos autores e tamén exponse diversos libros publicados por Don Bosco en edicións modernas. Ademais hai banda deseñada e libros de don Bosco en xaponés, turco, alemán, francés, italiano, inglés, croata, entre os de galego, euskera, catalán e castelán. Pódense ler na Sala Aberta da Asociación e ao rematar a exposición pódense levar en préstamo a través da biblioteca-tebeoteca de Amencer. 

O horario para visitar a exposición e para a lectura na sala é de luns a sábado de 10.00 a 13.00 horas e de 17.30 a 19.45 horas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?