Mochilas cargadas de ilusión no colexio Mestre Vide

20170504150653654_result
photo_camera Escolares do Mestre Vide.

Estudantes e docentes do colexio mestre vide están implicados en interesantes proxectos que responden ás necesidades educativas de todo o alumnado do centro

As cámaras de Telemiño visitaron,de novo, o centro educativo Mestre Vide. Un colexio que destaca pola excelente implicación do profesorado, tanto titores como especialistas, así como todos os departamentos, as familias e os propios estudantes do centro educativo.

Nesta ocasión quero destacar o fabuloso traballo do Equipo de dinamización da lingua galega que fomenta o uso da nosa lingua sen detrimento doutras, para elo realizan unha serie de actividades entre as que destacamos: Recuncho de aventuras: unha biblioteca libre situada no patio do colexio e xestionada polos propios alumnos/as; e coa que pretenden  fomentar o gusto pola lectura e a responsabilidade. Murais diversos: de refráns, de portas de libros , relativos a datas significativas, recopilación de textos, toponimia, etc.

Días con nome propio e festas tradicionais: Samaín, Nadal,Día da Paz, Entroido, etc. Encontros con autores de libros en lingua galega. Semana das Letras Galegas con multiples e diferentes actividades. Revista Escolar: compendio de actividades realizadas ao longo do curso.

Ao mesmo tempo, para adquirir, na lingua estranxeira, a competencia comunicativa que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e manexarse en situacións cotidianas, contan con distintos programas, entre os que mencionamos: Plástica bilingüe en 5º e 6º: Hai unha auxiliar de conversa nativa americana nomeada pola Consellería que apoia esta actividade e ademáis axuda aos alumnos/as doutros cursos no desenvolvemento da comunicación en inglés. Alumnos en prácticas  da Universidade de Michigan (USA) durante o mes de Novembro e da Universidade de Wisconsin-River Falls (USA) durante os meses de abril e maio. Estes alumnos en prácticas facilitan que os estudantes do centro practiquen a comunicación con persoas nativas de Estados Unidos de diferentes lugares e con distintos acentos.

Nesta reportaxe centrarémonos na aula de Altas Capacidades, esta aula xorde como resposta educativa ás Necesidades Específicas de Apoio Educativo do alumnado con altas capacidades que se detectaron no centro. Nese sentido cobrou unha gran importancia a colaboración por parte do departamento de orientación do centro e do Equipo de Orientación Específico (EOE). 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?