A comunidade educativa do centro aposta pola lectura como aprendizaxe e divertimento para "ter moitas vidas"
O CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, máis coñecido por Os Rosais, está situado na zona da residencia con servizo de transporte e comedor escolar. Despois da xornada lectiva hai unha gran variedade de actividades extraescolares.
Os alumnos de 4ºA ensinaronnos as aulas de Infantil, onde os preparan para ser bos alumnos e excelentes persoas. Recordaron a súa etapa en Infantil, as aulas están organizadas por recunchos: biblioteca, xogos, pintura...O baño está dentro da clase, son espazos alegres. Visitamos a aula de educación física.