O meu cole chámase...

Tres mulleres loitadoras

Aproveitando a celebración do Día Internacional da Muller, lembramos a tres figuras salientadas da historia galega que lle dan nome a tres colexios da provincia.

Filomena Dato

xornalescolar_0803_colexios_03

A primeira delas é Filomena Dato (colexio en Barbadás), unha escritora moi activa a nivel político e lingüístico. Naceu en Ourense en 1856 e, aínda que non se sabe moito da súa vida persoal, mantivo unha gran amizade con autoras contemporáneas e uniuse a movementos de liberación da muller. Colaborou con xornais como “El heraldo gallego” e co xornalista ourensán Valentín Lamas Carvajal. No ano 1906 foi nomeada como membro correspondente da Real Academia Galega. O seu pensamento feminista plasmouno no poemario “Follatos”.

Emilia Pardo Bazán

xornalescolar_0803_colexios_02

Outra das que ten un colexio na provincia é Emilia Pardo Bazán. No seu caso, o centro educativo está en Leiro, unha terra á que chegou a través do seu marido, José Quiroga Pérez de Deza. A familia del era do Carballiño e na zona pasaron moitas temporadas. A familia de Pardo Bazán era da alta sociedade da época e iso facilitoulle o acceso a unha boa formación, se ben polos costumes da época de non instruír ás mulleres, moita dela foi autodidacta. En calquera caso, escribiu libros tan importantes como “Los pazos de Ulloa”. Emilia Pardo Bazán marcou un fito ó separarse do seu marido, algo pouco propio daquel tempo, e marchou para Madrid adicarse á súa paixón de escribir.

Concepción Arenal

xornalescolar_0803_colexios_01

A diferencia de Parzo Bazán, Concepción Arenal naceu no seo dunha familia humilde no Ferrol dos anos 1820. O pensamento liberal do pai levouno a morte temperá que a trasladou coa súa nai a Cantabria. A súa formación foi a propia da época para as “señoritas”, pero o seu gran fito foi o de converterse na primeira muller en asistir a unha universidade española, aínda que para facelo tivo que vestirse e facerse pasar por un home. Asistíu ás aulas de Dereito Penal e Xurídico. Está considerada unha das grandes precursoras do feminismo en España e unha das mellores pensadoras do século XIX.  Ademais de xurista foi tamén escritora. No seu caso dalle nome a un colexio da cidade de Ourense. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar