Axenda de actividades

Música e moito máis

Os instrumentos de vento metal

xornalescolar_2109_axenda_03

Dúas trompetas, unha trompa, un trombón, unha tuba e incluso un sousáfono son os instrumentos de vento que protagonizan “Pequeclassics”, o programa educativo de L ´Auditori de Barcelona cunha posta en escena que sorprenderá a toda a familia. Estarán o 16 de outubro no Teatro Principal de Ourense.

Nova tempada das escolas deportivas

xornalescolar_2109_axenda_01

Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2022/2023 das Escolas Deportivas do Paco Paz, na que se  amplía a oferta de modalidades, para dar cabida a todos os gustos e interese. O comezo da actividade será no mes de outubro. O custo establecido é de 90 euros por tempada para cada participante por modalidade deportiva. Para solicitar a inscrición, é preciso cubrir o formulario e entregalo na recepción do Pazo. A partir de outubro, Paco Paz

A pintura sae a coñecer o Casco Vello

xornalescolar_2109_axenda_05

Xa está aberta a inscripción para a actividade “Pintar sen medo”, promovida pola asociación de veciños do Casco Vello da cidade. Impartida pola artista ourensana Marita Carmona, busca achegar o arte ó barrio, nunha actividade que pode compartir toda a familia ou disfrutar de xeito individual. Será os sábados de 11:30 a 13:00 horas e está aberta a artistas de tódalas idades. Tódolos sábados, AAVV Casco Vello

Nova edición de Ciencia en Feminino

xornalescolar_2109_axenda_02

O programa “Ciencia y Tecnología en femenino” celebrado ten como obxectivo fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas. Xa está aberta a convocatoria da quinta edición desta iniciativa, dirixida a estudantes de Secundaria e dos últimos cursos de Primaria. A partir de novembro, Online

Contos e soños para os máis cativos

xornalescolar_2109_axenda_04

Os contos lévannos a un mundo de fantasía para poder soñar e medrar imaxinando. As palabras combínanse coas imaxes e os sons para crear un universo propio. Canto, baile e moita ensoñación para un contacuentos diferente pensado para bebés de un a tres anos de idade acompañados por un adulto. Para participar é preciso realizar inscripción previa. 22/09/2022, Biblioteca Nós

Os museos de Galicia abren as súas portas para os escolaresç

xornalescolar_2109_axenda_07

Os museos da Xunta de Galicia abren a súa programación para escolares neste primeiro trimestre con 50 propostas para que os centros poidan elixir as súas actividades didácticas, obradoiros e visitas gratuítas. En Ourense participan o Museo Arqueolóxico con visitas guiadas e obradoiros; o Museo Etnolóxico de Ribadavia e o Museo do Viño de Galicia, que tamén abren as súas portas aos escolares con visitas especiais. Pola súa banda, o Parque da Cultura Castrexa Lansbrica de San Cibrao de Lás desenvolverá o programa “Galaic@s”, a forxa dun pobo da idade de ferro, adaptado a cada curso escolar, que inclúe diferentes actividades como visitas ao centro de interpretación ou obradoiros nas aulas didácticas con variedades de temáticas sobre a idade de ferro. A información completa de toda a oferta didáctica está dispoñible nas páxinas web de cada un dos centros museísticos.

Gañadores do certame da RAG das Letras Galegas

xornalescolar_2109_axenda_06

O concurso escolar da Real Academia Galega sobre Florencio Delgado Gurriarán xa ten gañadores. Dous dos tres colexios premiados no proxecto Primavera das Letras polas súas contribucións á divulgación da vida e da obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2022 son ourensáns: o CEIP de Seixalbo e o Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras -comarca natal do autor-. O colexio de Seixalbo presentou o vídeo breve “Un minuto con Florencio”. O Julio Gurriarán Canalejas presentou a adaptación musical do poema “Aí vén o maio”.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma