XORNAL ESCOLAR

Naturais e dinámicos na tele

photo_camera Escolares do Amadeo Rodríguez Barroso no plató de Telemiño.

Montse Pérez, unha mestra moi dinámica e divertida, superou con nota as probas durante a gravación no colexio e contestou con simpatía e axilidade ás preguntas das co-presentadoras

O Ceip Amadeo Rodríguez Barroso participa, dende hai catro anos, no plan de melloras de Bibliotecas Escolares e no proxeco Abalar. Tamén paticipa nos contratos-programa da Consellería de Educación, con dúas liñas de actividade: mellora da convivencia escolar e reforzo educativo fóra do horario escolar.
No que respecta á formación do profesorado, estase desenvolvendo un plan de formación Permanente do Profesorado con dous itinerarios: uso das tic nos procesos de ensino-aprendizaxe e o impulso das novas metodoloxías dende a biblioteca escolar.

É un colexio con instalacións totalmente novas, moi luminoso e amplos espazos para disfrute dos alumnos. Dende as clases de Infantil saen directos ao seu patio de lecer.

Alumnos moi dinámicos e participativos como nos demostraron os estudantes de 5ºA e 5ºB no plató de Telemiño.

Os co-presentadores, que axudaron a Conchi Pérez na divertida tarefa de conducir o programa Xornal

Escolar, foron Eva Salgado, Eva López e Melisa Carballo.

A concursante foi a titora Montse Pérez, unha mestra moi dinámica e divertida que superou as probas que prepararon durante a gravación no colexio e contestou as seguintes preguntas das co-presentadoras.

Esta pregunta é moi fácil profe. Coñeces algún violinista famoso de noso tempo?

Coñezo, xa sei porque me fai esa pregunta. Nas clases traballan con música, entón o violín é un instrumento que nos relaxa, ás veces póñolle violinistas marchosos como Vanesa Mei.

Cal é a clave do violin?

Debería ser a clave de sol. Traballamos moito a cultura do violín na aula.

Quen sabía que non sabía nada?

Sócrates dicía esta frase tan sabia: "sólo se que no se nada"

Por que o salón de actos non é máis grande?

O salón é grande pero ten uns paneis que fan de separación para as actuacións máis pequenas. Pódese facer grande ou pequeno. Aproveitamos para facer exposicións.

Por qué estan separados os patios de infantil e primaria?

Por razóns de cuidado, preferimos separalos por precaución. Temos un patio amplo e podemos permitir esta separación para evitar que se lastimen.

Teño moita curiosidade por saber por que hai aula de convivencia?

Haina en moitos centros. Coa nova lei, debería existir en todos. Nesta aula ten que estar un mestre de garda onde os alumnos que se atopan alterados ou alteran a orde na clases van para dialogar, entender, para entrar en razón na aula de convivencia. É de nova creación onde a través do diálogo é a conversa intentan comprender.

Sínteste cómoda na nosa clase?

Si, síntome moi cómoda na clase e no colexio. Percibo que vós tamén estades cómodos. Polos alumnos fas un montón de actividades para que disfruten e aprendan.

Por qué decidiches ser mestra?

Non o sei. Non iba a ser mestra, quería ser enfermera. Por un erro de papeleo na delegación perdín a praza e por non perder a beca estudei maxisterio. O primeiro ano non me gustou nada, o segundo ano de carreira xa disfrutei e co terceiro xa me encantou estudar para ser mestra. Agora estou enganchada.

Que aprecias nos persoas?

Aprecio moitas cousas, pero o que máis me gusta é que sexan boas personas e sinceros.
Tanto mestra como alumnos leváronse unha boa sensación desta experiencia televisiva. Un gran reto para todos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?