HIPERACTIVOS

Naturizo, unha ferramenta Ideal para traballar na aula ou na casa

Alba de Evan e Javier Domínguez veñen de publicar a súa colección de contos infantís protagonizados por un ourizo cacho da Serra de San Mamede

Alba De Evan e Javier Domínguez, profesora e mestre e escritores de Ourense veñen de publicar recentemente unha colección de contos infantís que leva por nome Naturizo. O seu protagonista é un ourizo cacho que vive na Serra de San Mamede, en pleno macizo central ourensán.

Nesta colección de contos infantís, de carácter medioambiental, podedes atopar mil e unha historias das aventuras de Naturizo pola serra e máis alá. Contos xeitosos para cativos e cativas de ente 0 e 99 anos, con distintas temáticas como o son as estacións do ano, o medioambiente, a amizade, ou as festas populares coma os Maios. En cada libro ven incluído un caderno de actividades sobre Naturizo e a temática que corresponda nese conto. Inclúen actividades de comprensión lectora, coloreables, recortables, manualidades e ata a canción de Naturizo.

Editado por Edicións Linteo (Ourense), que conta cun amplo catálogo de libros infantil e xuvenil en galego, estrea esta colección de contos que comeza con cinco títulos e proxectados outros quince nos vindeiros anos. Xa está dispoñible nas librerías de toda Galicia. Tamén acompañado do peluche do protagonista.

Máis información sobre Naturizo en: Facebook, Instagram, na web www.naturizo.es, ou no correo [email protected].

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?