TALLER

Nenos e nenas expertos en primeiros auxilios para aplicar en eventos deportivos

O CD O Couto Prolsport/Vivian, que actualmente conta con máis de 200 nenos e nenas asociados co Club Mestre Vide, organizou unha interesante actividade, pioneira na cidade de As Burgas

O CD O Couto Prolsport/Vivian, que actualmente conta con máis de 200 nenos e nenas asociados co Club Mestre Vide, organizou unha interesante actividade, pioneira na cidade de As Burgas. Tratouse dunha charla e posteriores obradoiros prácticos nos que todos os cativos participantes adquiriron conceptos básicos sobre primeiros auxilios nos espazos deportivos, tanto para facer uso deles na celebración de partidos como de adestramentos.

Esta actividade, organizada por CD O Couto xunto a Tesgalicia, Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia, contou coa participación dunha decena de monitores especializados na materia, que recorreron a distintos bonecos para que os nenos e nenas puideran practicar os coñecementos que previamente se lle explicou na charla e cos que saberían reaccionar en caso de accidente nun evento deportivo. A actividade resultou ser do máis interesante e os nenos o pasaron estupendamente ben ao tempo que adquiriron conceptos importantísimo que se ben é mellor non ter que recurrir a eles, no caso de facer falta, os nenos están moi preparados.

Te puede interesar