XORNAL ESCOLAR

Novos inquilinos habitan o colexio Concepción Arenal

O alumnado de 5ºa encargouse da incubación e coidado dun total de 21 poliños que xa ocupan o centro

Por segundo ano consecutivo, o colexio Concepción Arenal de Ourense participou nun proxecto de incubación de poliños. Como novidade esta edición, foi que tiñan a cualidade de ser baixos en colesterol. En total colocaron 25 ovos, dos que 21 saíron adiante e naceron entre o luns, martes e mércores da pasada semana. Estes días, os escolares de 5ºA están a alimentalos e amósanse realmente entusiasmados con esta experiencia, de feito xa lle teñen nome a cada un dos poliños. Os profesores Fran e Rubén son os encargados de dirixir esta actividade que volverá a levarse a cabo nun días cos escolares de 5ºB. Pasados uns días e cando xa non haxa que alimentar os poliños, os escolares xa poderán levalos ás súas casas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?