CEIP PADRENDA DE CRESPOS

O día sen balón

20171116164139043_result
photo_camera Neste centro educativo traballan para lograr desenvolver ao máximo as capacidades e cualidades de cada estudante.

No CPI Padrenda-Crespos ofertan unha ampla variedade de xogos alternativos aos clásicos partidos de fútbol

O CPI Padrenda-Crespos ten unha historia relativamente recente. Naceu no curso 1980-81 como Colexio de Educación Xeral Básica (EXB). Nos primeiros anos, a oferta educativa limitábase á etapa de Primaria, e os estudantes de Preescolar (actual Infantil), estaban escolarizados nas escolas unitarias da comarca. No curso 1997-98 é cando se transforma no actual C.P.I coa incorporación dos estudios de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO). Constitúe o único centro educativo do concello. No CPI de Padrenda-Crespos estudan alumnos dende 4º de Educación Infantil ata 4º de Ensinanza Obrigatoria (ESO). Este centro educativo ten os servizos de transporte e comedor escolar con cociña propia. 

As actividades extraescolares e complementarias que realizan son varias, destacamos: Saídas didácticas organizadas polo profesorado, participación no Deporte escolar: Campo a través, bádminton e fútbol sala, participación no Programa de Prevención de condutas aditivas, apertura da Biblioteca en todos os recreos para todo o alumnado e da aula de informática os xoves e os venres para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Neste curso escolar contan con dúas novidades:

Un grupo de teatro do alumnado 1º e 2º de Educación Secundaria, iniciativa da profesora de galego da ESO, Carme Blanco Sieira. Esta actividade desenvólvese todos os luns durante o recreo de comedor.

A segunda novidade é o Recreo sen balón. Proposta que se leva a cabo no recreo dos xoves pola mañá baixo a supervisión do profesorado que está de garda no patio. Con esta iniciativa ofrecen ao alumnado outras alternativas: xogar ao pilla, saltar a comba …, é dicir, os clásicos xogos de toda a vida no que se trata de pasalo ben entre todos sen que compitan e queiran sempre gañar. O recreo sen balón ten un dobre obxectivo, rebaixar o número de conflitos que se producen no patio durante os partidos de fútbol e potenciar outros xogos, non todo é fútbol. 

A influencia do fútbol é enorme a todos os niveis, tamén invadiu o patio escolar. É  evidente que o deporte maioritario entre o alumnado é o fútbol e iso moitas veces xera enfados, discusións e conflitos. Son varios os centros educativos da provincia que están levando a cabo iniciativas similares durante o tempo de lecer.

Neste centro educativo propoñen unha oferta de xogo alternativo, esta idea está tendo moi boa acollida e de momento son os docentes de garda os que propoñen os xogos pero participan case todos os alumnos e alumnas do CPI de Padrenda-Crespos. A directora afirma: "Nun futuro próximo, cando sexan máis autónomos, pretendemos que se leve a cabo tamén no recreo do comedor e así ter o día sen balón despois do xantar". 

FICHA DO CENTRO

CENTRO: CEIP de Padrenda-Crespo

ALUMNOS: 112

PROFESORES: 26

OFERTA EDUCATIVA: Infantil, Primaria, ESO

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma