CONCELLO

Obradoiros, andainas e Aqualoxía para conmemorar o Día Mundial da Auga

Se instalará unha carpa, de 9:00 a 14:00 horas, con obradoiros e xogos ao redor da auga na praza Maior

Este xoves é o Día Mundial da Auga e o Concello de Ourense organiza múltiples actividades para conmemorar “un recurso esencial e básico para a vida, e un elemento inherente á cidade de Ourense”, en palabras do alcalde, Jesús Vázquez. Moitas destas propostas están pensadas para os nenos e nenas de Ourense. Así, hoxe, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acudirán ao colexio Divina Pastora para traballar cos escolares nunha nova sesión de Aqualoxía, un programa que se desenvolve en colaboración con Viaqua.

Mañá, día grande da conmemoración, se instalará unha carpa, de 9:00 a 14:00 horas, con obradoiros e xogos ao redor da auga na praza Maior.  “Roteiro Termal: Ao redor das augas” será a actividade do domingo, 25 de marzom. Trátase dunha andaina pensada para todas as idades coa que se quere achegar á cidadanía a posibilidade de descubrir e aprender máis sobre as augas a través dun roteiro interpretado para pór en valor todos os elementos culturais, etnográficos e naturais.

A actividade é gratuíta e aberta a persoas de todas as idades, e recoméndase anotarse no enderezo de correo [email protected] ou no teléfono 988.366.064. Así mesmo, aconséllase vestir calzado cómodo e vestimenta acorde co tempo, levar prismáticos e cámara de fotos, e levar auga para hidratarse e un petisco para media mañá.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma