DEPORTE ESCOLAR

A paixón pola bici percorre a provincia

20180911151002781_result
photo_camera O centro de ocio Acougo acolleu unha divertida actividade deportiva, educativa e lúdica.

Maese Bike promociona a práctica do ciclismo entre os máis novos con actividades lúdicas e educativas

A práctica do ciclismo está en auxe, pero non só entre o público máis adulto. Cada vez son máis os nenos e nenas que apostan por este medio de transporte para desprazarse, por unha cuestión de diversión pero tamén por ser un medio sostible. Isto o saben ben en Maese Bilke, colectivo que se adica a promocionar o ciclismo de calidade e o amor por este deporte. 

Así, entre os últimos espazos nos que estiveron presentando a actividade Biciescola destacou Castro Caldelas, concretamente na Praza do Prado; e no centro de ocio Acougo. En ambos espazos acolleron a numerosos nenos e nenas que se divertiron moito, tanto no circuíto de educación viaria, como coa xincana de adestramento ou na carpa de obradoiros de bici.

As vindeiras citas de Maese Bike serán en Boborás, este sábado día 22 de setembro; e mañá xoves en Barbadás, no Circuíto Ciclista Infantil que celebran con motivo da Semana Europea da Mobilidade. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar