XORNAL ESCOLAR

Piratas de Xinzo na Illa de San Simón

20170612121415906_result

A xornada foi fantástica e os escolares como aventureiros que son xa partiron cara ao seu destino vestidos de piratas

A estas alturas do curso son protagonistas os exames, pero tamén as saídas culturais e as excursións que tan intensamente viven os escolares e coas que gozan sen límites. Un exemplo delo é a recente actividade na que participaron os alumnos e alumnas de 5 anos do CEIP Carlos Casares de Xinzo de  Limia. Acompañadas polas súas mestras, dúas clases, esto é preto de medio cento de nenos e nenas participaron nunha apaixonante visita á Illa de San Simón, sita ao carón da illa de San Antón, na ría de Vigo.

A xornada foi fantástica e os escolares como aventureiros que son xa partiron cara ao seu destino vestidos de piratas. Esta excursión foi así o colofón a un proxecto sobre piratas no que traballaron durante meses.

No punto de destino, todos xuntos, acompañados polos mestres disfrutaron dunha divertida xincana e tiveron que seguir unhas pistas para acadar un tesouro que supostamente estaba agochado na illa, pero que finalmente non existía. Compartiron tamén unha comida campestre e xa pola tarde participaron en numerosos xogos. Agotados pero felices, antes de regresar a Xinzo de Limia, desfrutaron dunha estupenda merenda, durante a que aproveitaron para intercambiar impresións e anécdotas dunha fantástica excursión que, a bo seguro, non esquecerán.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma