COLEXIO PLURILINGÜE LA PURÍSIMA

Potenciando a autoestima

Os educadores do colexio Plurilingüe La Purísima fomentan o deporte como ferramenta para favorecer o desenrolo da personalidade e como adestramento no traballo e no esforzo necesarios para a vida

O colexio Plurilingue La Purísima é un centro no que promoven a educación integral cun proxecto educativo propio e adaptado ás necesidades da sociedade e do propio entorno sociocultural. O colexio está no centro da cidade e dispón de: servizo de comedor, con cociña propia, seguro escolar gratuito para todos os alumnos do centro, zona wifi, actividad matinal para primaria e infantil de 7:45 a 9:30, servizo personalizado de orientación, pedagoxía, audición e linguaxe, clases de inglés desde os 3 años, actividades extraescolares, club deportivo e grupos de formación. Ademais o colexio Plurilingue, La Purísima, conta con modernas instalacións: salón de usos múltiples, biblioteca (un lugar privilexiado, cunha mascota moi coñecida polos alumos "furafollas", o nome foi elexido polos alumnos da Eso, tamén hai libros feitos polos alumnos do centro), ximnasio, patio cuberto, laboratorios, aulas con pizarra dixital, proxectores e internet, aula de música, aula informática, aula de tecnoloxía, aula de audiovisuais, espazos adaptados para orientación, apoio educativo, psicomotricidade e a capela do centro.

XORNAL B PURISIMA from telemiño on Vimeo.

Despertanto a capacidade crítica

Máis de 100 anos no centro de Ourense. A frase máis importante do colexio é "a mellor e única forma de conservar o amor é dalo.
Fixemos un percorrido polo centro, visitamos a clase de 1º da Eso que estaban en plena campaña de animación á lectura con divertidas actividades. A biblioteca é como unha viaxe fantástica para todos os alumnos do centro, un recuncho moi visitado. No laboratorio fan experimentos e na aula de idiomas aprenden inglés cantando, a motivación é fundamental para aprender no colexio La Purísima.

Todas as clases teñen pizarra dixital, puidemos ver a aula do segundo curso de infantil onde os alumnos estaban a bailar.
Continuamos a visita do centro no comedor escolar. A cociñeira, Pilar, prepara pratos con moito agarimo e moi saudables. Estaba a preparar caldo galego, costela ao forno con ensalada e de postre piña e melocotón. Nada é precociñado, todo natural feito por ela, está todo moi rico.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma