AULAS ABERTAS

Promoción dos espazos culturais en Barbadás

20180430104659843_result
photo_camera Ao chegar ao recinto, os escolares, minutos antes da visita ao Museo da Gaita.

Medio millar de escolares de Barbadás visitan o Museo da Gaita e a exposición fotográfica de Loiro

Máis de medio millar de alumnos pertencentes ós colexios Filomena Dato, O Ruxidoiro e Luis Vives, visitan nas últimas datas o Museo da Gaita de Fole de Barbadás e a exposición de fotografía retrospectiva de lugares e xentes do pobo de Loiro, invitados polo Concello de Barbadás. No Museo da Gaita os cativos son acompañados por dúas animadoras socioculturais que adaptaron os contidos do Museo ás idades dos escolares e que lles proporcionan unha explicación da historia da gaita de fole a través dun conto. Ao rematar, realizan unha pequena actividade relacionada cos contidos do museo.

Na visita á exposición fotográfica de Loiro, os escolares, guiados por Manuel Fernández, veciño da localidade que organizou e montou a exposición, son testemuños dun conxunto de instantáneas e elementos etnográficos que reflicten como era a vida no rural noutros tempos.

As visitas que arrancaron o 16 de abril, prolongaranse ata os primeiros días do mes de maio. Tanto no Museo da Gaita como la Exposición, os rapaces amosaron curiosidade sobre o funcionamento do Museo de Barbadás, así como da mostra que colga nas instalacións do Centro Social de Loiro. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?