AULAS ABERTAS

O proxecto cultural máis visitado de Ourense

Ourense 2/3/18
Visita escolar a la expo del museo In témpore sueborum

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Visita escolar á exposición "In tempore sueborum".

A exposición repártese en tres espazos diferenciados, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal, onde recentemente acudiu un grupo de escolares do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

A exposición internacional In tempore Sueborum convertiuse no proxecto cultural máis visitado da historia de Ourense. A colección traslada a nosa historia na idade Tardo-Antigua, no ocaso do Imperio Romano, cando os suevos se intalan no Noroeste da Península Ibérica. A exposición estructurase en tres ambientes ubicados no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na igrexa de Santa María Nai e no Museo Municipal, para coñecer a chegada dos suevos, a orixe do cristianismo na época e como convivían cos galaico-romanos na Gallaecia.

Particulares, asociacións, colectivos e grupos de escolares están a visitar esta exposición que se prolongará ata o 6 de maio e que está aberta ao público de balde. 

Hai uns días, foron os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar os que participaron nesta actividade educativa da man da concellería de Educación do Concello de Ourense. Nesta ocasión visitaron o Museo Municipal de Ourense onde se poden coñecer aspectos da convivencia, na Gallaecia tardo antigua, entre os suevos e os galaico-romanos. Os cambios e transformación na paisaxe urbana e rural da Gallaecia tardo-antigua non veñen motivados pola presenza e dominio político dos Suevos durante os anos 174 anos nos que exerceron o seu poder nas terras. Foi realmente a propia dinámica evolutiva interna da sociedade galaico-romana a que marcou a transición entre o final do dominio romano e os comezos da Idade Media, un período que se coñece como Antigüedade Tardía.

Nos outros dous espazos expositivos, esto é no Centro Cultural Marcos Valcarcel e na Igrexa de Santa María Nai, se presentan outros aspectos fundamentais do tempo dos suevos. Así, no Marcos Valcárcel se pode coñecer o complexo proceso que supuxo a chegada e instalación dos Suevos na Gallaecia. Na histórica igrexa de Santa María Nai trátase a cristianización e o territorio da Gallaecia da época sueva. O Cristianismo non constituía unha novidade no Occidente europeo post-romano, e nos diversos ámbitos territoriales do heteroxéneo mosaico de crenzas e cultos, tolerados e incluso estimulados por Roma, nos que a práctica relixiosa se refire. 


Visita guiada


María Doallo, máis coñecida como Doa, foi a encargada de presentarlle a colección do Museo Municipal aos escolares do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar. Doa asegura que os nenos e nenas sempre acoden a este tipo de citas con moito interese, "nas nosas mans está manter o interese e a motivación durante a visita", engade a guía do Museo Municipal. Ademais, Doa salienta o elevado nivel e as capacidades artísticas coas que conta este grupo do Irmáns Villar, "xa que son nenos e nenas que traballan coa incentivación da capacidade artística e creativa no colexio e isto nótase", conclúe.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?