COLE A COLE

Proxectos para educar en saúde

OURENSE (COLEXIO SALESIANOS). 19/04/2018. OURENSE. 
Grabación del programa de Telemiño "Xornal Escolar" en el Colexio Salesianos. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Momento da gravación do programa.

En Salesianos destacan tres importantes programas educativos o She, o Horto Escolar e a Educación Vial

A temática da saúde ocupa boa parte da programación educativa de moitos centros de ensino de Ourense. Un exemplo disto é o Colexio María Auxiliadora “Salesianos”, que ademais de participar nas actividades programadas pola Concellería de Educación, presenta accións propias que relacionan entre si para acadar un resultado global que se traduce en saúde. 

Conscientes da importancia da saúde e da necesidade de educar inculcando nos máis cativos valores relacionados coa mesma, levan a cabo tres importantes proxectos, que están interrelacionados e se complementan. Participan no programa SHE, promovido polo doctor Valentín Fuster, no que o alumnado de Infantil e 1º de Primaria traballa no  fomento de hábitos cardiosaudables como o exercicio físico e unha alimentación sa. Algunhas das actividades incluídas neste proxecto son: os almorzos saudables, esto é, os mércores todos os escolares traen froita para o seu tentempé da mañá, e contacontos. A insistencia na froita lévase a cabo con actividades variadas realizadas dentro e fóra da aula, como é o caso do “Baile da froita”. 

O horto escolar do Colexio Salesianos é amplo, colorido e realmente fermoso. No proxecto do horto están implicadas todas as etapas educativas. Así,  Bacharelato construiu un invernadeiro como proxecto da clase de Tecnoloxía Indrustrial. O alumnado de ESO realiza actividades de compostaxe. Primaria implica todas as materias plurilingües e realiza actividades variadas empregando materiais reciclados e pinturas e contruíron un comedeiro para paxaros, regadores e maceteiros. O alumnado de Infantil realizou labores de plantación e coidado do horto. Deste xeito, en Salesianos, pretenden pouco a pouco convertir o horto nunha verdadeira aula da natureza, recollendo e expondo os contenidos didácticos que os nenos traballan nas aulas. 

Saúde, alimentación e exercicio físico van da man, razón pola que no colexio María Auxiliadora levan a cabo un amplo e variado programa de Educación Vial, onde colaboran estreitamente coa DGT. Así, realizaron actividades como o “xogo da serpe”, co que fomentan o uso do transporte sostible e a “mochila viaxeira”. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar