Xornal Escolar

"La Región Escolar", un traballo xornalístico moi creativo

Xornal Escolar

XORNAL ESCOLAR

"La Región Escolar", un traballo xornalístico moi creativo

Os autores de "La Región Escolar" posan co seu traballo o día que saiu publicado como finalista.
photo_cameraOs autores de "La Región Escolar" posan co seu traballo o día que saiu publicado como finalista.

Os autores do Xornal foron os alumnos e alumnas de 3º de ESO do colexio Padre Feijoo Zorelle

"La Región Escolar" é o resultado de moito traballo, esforzo e imaxinación. Esta combinación plasmouse perfectamente no xornal eslaborado polos alumnos e alumnas de 3º da ESO do colexio Padre Feijoo Zorelle. Con moita ledicia e entusiasmo, así recibiron a nova de que eran os gañadores. Non deixaron de aplaudir ao tempo que xa preguntaban cal sería o seu premio. 

"La Región Escolar" é o resultado dun traballo conxunto que comezou coa elección das seccións que ocuparían as catro páxinas e o posterior reparto do traballo entre os alumnos. Na toma de decisións fomentouse o traballo cooperativo, xa que os escolares participaron activamente, eso si, sempre baixo a supervisión das profesoras que actuaron de guías durante todo o proceso. Unha vez dividido o traballo, os alumnos empregaron diversas ferramentas de procura de información. Cando xa tiñan toda a información seleccionada, recopilaron aquela que podía resultar máis interesante para o seu traballo. Nas seguintes sesións, traballouse activamente na elaboración do xornal.

O proxecto Erasmus+K1 "la educación inclusiva para nuestra escuela del S.XXI", os traballos “Reinventemos juntos una escuela para [email protected]”, a participación nas Tertulias Literarias ou a excursión a San Cibrao de Lás foron algunhas das novas nas que se centrou o xornal. O último paso foi editar o xornal para o que contaron en todo momento coa opinión de todos os alumnos, un grupo que amosou unha magnífica disposición á hora de emprender este traballo e moita creatividade.