O meu cole chámase...

Roberto Blanco Torres

Xornalista e poeta

xornalescolar_0903_blancotorres (1)

Aínda que naceu en Cuntis, na provincia de Pontevedra, a memoria de Roberto Blanco Torres quedou para sempre fixada con Ourense. Pois foi en Entrimo onde faleceu en 1936. A intensidade expresiva foi un dos rasgos característicos dos seus versos, dos que os expertos salientan a súa beleza, ligada ás vangardas artísticas de tendencia na época en toda Europa.

Foi no xornalismo onde máis presencia tivo o autor colaborando e dirixindo varios xornais históricos de Galicia, entre eles o ourensán e desaparecido La Zarpa, a comezos dos anos 20 do pasado século. 

Galeguista comprometido

xornalescolar_0903_blancotorres (3)

Roberto Blanco Torres era o menor de nove irmáns e, coma algúns deles, emigrou a Cuba, onde entablou relacións con Antón Villar Ponte ou Ramón Cabanillas, que deixaron unha profunda pegada galeguista nel. No país caribeño comezou a colaborar na prensa da comunidade galega empregando o nome Fray Roblanto. Xa de volta en Galicia, participou nas Irmandades da Fala con históricos como Castelao ou Antón Losada. A Nosa Terra ou a Revista Nós foron outras publicacións históricas con traballos firmados por el. No ano 1999 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ligado a Ourense

xornalescolar_0903_blancotorres (2)

Cando estoupou a Guerra Civil, Roberto Blanco Torres atopábase na aldea de Amido, no concello da Peroxa. De alí era a familia da súa muller e na casa familiar pasaban varias tempadas. Alí foi tamén detido e levado á Prisón Provincial de Ourense, de onde o trasladaron ó cabo dunhas semanas para fusilalo no concello de Entrimo. Soterrado na fosa común da parroquia de San Fiz de Galez, o colexio da Peroxa leva o seu nome en memoria da súa loita polo galeguismo. Así, a pesar da súa orixe pontevedresa, este municipio próximo á cidade lembra a súa relación familiar dentro das súas aulas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma