XORNAL ESCOLAR

A robótica triunfa nas aulas

Ourense. 02-06-17. Local. Xornal Escolar en Salesianos coa actividade de robótica.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Un grupo de escolares que participa na actividade de Robótica, o día que as cámaras de Telemiño visitaron o centro.

Salesianos é un colexio con moito percorrido en Ourense e en constante proceso de mellora, de innovación e renovación, tanto das instalacións como dos aspectos metodolóxicos

Salesianos é unha casa moi grande, onde convive unha familia de máis de mil alumnos de todas as idades, dende os máis cativos de Infantil ata os máis veteranos de Bacharelato. Fóra do horario escolar é un espazo compartido, coas portas abertas a todos. Ten moitas aulas e espazos adaptadas ás diferentes etapas e outras especializadas, como laboratorios, ximnasio, psicomotricidade, teatro, comedor,informática, biblioteca, etcétera. A aula máis grande e a que máis gusta é o patio. 

Salesianos é un centro con moito percorrido en Ourense, pero en constante proceso de mellora, de innovación e renovación, tanto das instalacións para disfrute de todos como en aspectos metodolóxicos. Ofertan servizos para compatibilizar a vida familiar e laboral. Contan con moitos proxectos en marcha, favorecen a aprendizaxe cooperativa e o traballo baseado en proxectos, a potenciación das linguas, o ambiente educativo, o deporte, os valores, etcétera.

Coidan a educación formal e non formal a través do tempo libre, e procuran que os nenos e mozos teñan medios e oportunidades para medrar como persoas comprometidas na mellora da sociedade.  

Nesta ocasión o proxecto que presentan é a "Robótica", como materia curricular, actividade extraescolar e que forma parte do campus tecnolóxico que organiza o colexio ao rematar o curso. A Robótica e a programación son aspectos que se están a potenciar no centro e que teñen moi boa acollida. A Lomce facilitou aos centros ofertar unha materia de libre configuración nalgúns cursos e optaron en 2º de ESO pola Robótica. Querían algo motivador e relaxante para os alumnos, á vez que aprendan unha linguaxe universal para o presente e o futuro: a programación. Tamén o realizan desde aspectos extraescolares.

A Robótica ofértase como actividade extraescolar en Infantil, Primaria e ESO. Contaron no primeiro ano de implantación con máis de 100 alumnos participando dela e xa poden valorala como unha actividade do máis positiva en todos os aspectos e, que a bo seguro, terá continuidade os vindeiros cursos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma