XORNAL ESCOLAR

A ruta casa-colexio moito máis segura

Voluntarios de Stop Accidentes visitaron o CPI José García García para impartir charlas sobre normas de circulación

Nunha semana de intensa actividade relacionada coa mobilidade no CPI José García García de Mende e tras a xornada adicada aos deportes adaptados, recibiron a visita de voluntarios de Stop Accidentes. A Secretaria en Galicia e Delegada de Asuntos Internacionais de Stop Accidentes, Jeanne Picard Mahaut, visitou o centro de ensino de Mende acompañada por dous voluntarios.

O CPI José García García colbora con esta ONG dende o pasado curso e un dos seus obxectivos é mellorar os desprazamentos na zona onde se ubica o centro, tanto no referente á iluminación, como os pasos de peóns e os traxectos en xeral. Tras realizar unha sondaxe para valorar o cumprimento das normas, os traxecto, iluminación, etcétera.

A partir deste estudo, a propia ONG realizou un documento que pasou á Xunta de Galicia co fin de poñer solución ás deficiencias que atoparon. A segunda fase deste proxecto é a que compartiron os escolares recentemente e consistiu nunha serie de charlas sobre normas de circulación e as posibles accións que poden realizar os propios nenos para evitar accidentes. Os voluntarios de Stop Accidentes percorreron todas as aulas para impartir amenas charlas. No terceiro trimestre deste curso, está previsto o seguinte obradoiro de Stop Accidentes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar