XORNAL ESCOLAR

Ruta didáctica na Serra do Invernadoiro

01_result
photo_camera Os participantes na ruta na cola do enconro durante o ROTEIRO da AUGA.

Nesta ocasión, esta actividade integroise na mateira de Cultura Científica e o alumnado amosouse moi interesado polas propostas que compartiron.

Un grupo de trinta alumnos e profesores do colexio María Auxiliadora "Salesianos" participaron durante tres días nunhas rutas didácticas polo parque natura da Serra do Invernadoiro. O grupo de escolares eran de primeiro curso de Bacharelato e xa é unha proposta afianzada xa que nos últimos anos e sempre no período outonal representantes deste centro de ensino ourensán acoden á cita.

Nesta ocasión, esta actividade integroise na mateira de Cultura Científica e o alumnado amosouse moi interesado polas propostas que compartiron. Aloxáronse no albergue do recinto e alternaron traballos na aula con proxeccións, actividades abertas, rutas de sendeirismo, observación de especies animais e vexetais, en definitiva combinaron un programa didáctico con aspectos máis teóricos e moitas prácticas.

Deste xeito, ademais do aspecto convivencial e o aprendizaxe "in situ", esta actividade resultou do máis froitífera e de utilidade para poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico co que conta a provincia de Ourense, e nesta ocasión máis concretamente este Parque Natural único e cheo de posibilidades. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma