XORNAL ESCOLAR

Salesianos celebra a Semana da Lingua

XORNAL ESCOLAR
photo_camera Un grupo de alumnos de Bacharelato axudou a montar a exposición de materiais normalizadores.

O colexio ourensán con tal motivo con ambientación en todos os espazos con "Bos días", preparado pola RadioTV escolar do centro.

Son moitas as actividades que se están a suceder estos días no colexio María Auxiliadora "Salesianos" para conmemorar as XI Xornadas da Lingua: "Eu falo, ti poes. Inténtao!". O colexio ourensán con tal motivo con ambientación en todos os espazos con "Bos días", preparado pola RadioTV escolar do centro.

Os escolares de Infantil levaron libros en galego para casa para ler en familia e á vez crearon un conto colectivo. O alumnado de Primaria investigan sobre xogos populares e profundizan en "O conto viaxeiro da educación vial”. Os escolares de Secundaria participaron en titorías de sensibilización sobre o galego con xogos en liña. Nas clases de Educación Física o alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato achegouse aos xogos populares.

Nos recreos destes días, tamén están a compartir numerosas actividades como exposicións e recreos vivos cantando temas de Uxía Lambona e a banda molona. 

Para complementar estes días as propostas que buscan o fomento do galego, onte martes, recibiron unha visita moi especial Manuel C. Núñez Singala, escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela impartiu a ponencia “A lingua galega, unha oportunidade”.

Tamén se celebra o III Concurso “Lemas en galego”, o XX Concurso de Hipercurtos e a elaboración de enquisa co título "Por que non falas galego de cotío no cole?" e moitas outras propostas coas que se homenaxea a lingua galega e se promove o seu uso diario.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?