PROXECTO EDUCATIVO

Salesianos potencia o traballo en equipo

Ourense. 18/12/17. Actividades del Interrail en Salesianos.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Unha das presentacións do proxecto Interrail.

Foron os propios alumnos os que decidiron itinerarios, horarios, gastos e, en definitiva, planificaron a viaxe

Ademais de aprender aspectos relevantes sobre a cultura, o idioma ou o patrimonio de países europeos, Interrail tiña como obxectivo potenciar o traballo en equipo, pero ao mesmo tempo potenciar a autonomía persoal que quedou palpable no momento de decidir itinerarios, horarios, gastos, etcétera, á hora de planificar unha viaxe. Tarefas que os escolares realizaron dun xeito extraordinario e ás que desde o primeiro minuto lle adicaron tempo e esforzo.

As líneas de traballo pautáronse semanalmente para cada sección do traballo, no que tamén se incluiu a decoración dos corredores que supuxo un traballo extra pero moi agradecido polo magnífico resultado obtido e por ver como lucía cada espazo do centro con este fabuloso proxecto educativo.

Os escolares e profesores que participaron nesta actividade se amosaron en todo momento moi entusiasmados con Interrail e destacan o moito que aprenderon e xa agardan unha nova edición desta actividade xa que o éxito desta primeira vez augura continuidade a esta proposta educativa nos vindeiros cursos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar