XORNAL ESCOLAR

Os segredos do mar incorpóranse ás aulas

20180412103353984_result
photo_camera Escolares de Educación Infantil, de 3, 4 e 5 anos, participaron no proxecto "La vida en el mar".

Os escolares do centro de Educación Infantil do Colexio Carmelitas participaron no proxecto "La vida en el mar" no que se coñece a riqueza marítima

Coñecer a diversidade de peixes que viven no mar, saber como coidalos, a riqueza que aportan e ser testemuños da beleza das nosas costas. Este é un dos obxectivos que persegue o proxecto "La vida en el mar", no que participaron os alumnos de Educación Infantil do Colexio Carmelitas. 

O mar, os peixes e os barcos foron así obxecto de estudo durante catro ou cinco semanas, isto é un total de 15 sesións de interesantes anécdotas sobre a vida no mar. Os nenos e nenas amosaron os seus intereses e, nun ambiente cálido e acolledor, expresaron con libertade as súas ideas para traballar o contido deste proxecto.  

Con "La vida en el mar" traballouse con cancións, adiviñas, poesía e mesmo disfraces cos que os profesores sorprenderon aos alumnos. Un obra de teatro sobre o mar tamén serviu para profundizar os coñecementos, así como o visionado da película "Buscando a nemo". A conclusión é que no colexio Carmelitas contan xa con verdadeiros expertos no mar e en todo o que rodea este espazo tan prezado.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar