"Canóns do Arnoia", unha ruta de sendeirismo para os máis pequenos

22molgas02_resultado
photo_camera Pontella para cruzar o río Arnoia no muíño do Dositeo.

O río Arnoia,  a Ponte das Cepas ou o Muiño do Dositeo son algúns dos atractivos desta ruta

Os alumnos do colexio de Baños de Molgas foron uns dos primeiros en percorrer a recén inaugurada ruta "Canóns do Arnoia", promovida polo Concello da localidade. Aproveitando as boas temperaturas e a chegada do mes de maio, os rapaces, acompañados dos seus profesores, puxeron rumbo a esta ruta co obxectivo de ofrecer unha xornada ao aire libre, disfrutando da natureza e, ao mesmo tempo, intentando darlle a coñecer a riqueza patrimonial e paisaxística do seu Concello, segundo explican dende o centro educativo.

Así pois, despois dunhas pequenas instruccións no centro educativo, tódolos alumnos de primaria, mochila ao lombo coa auga e merenda precisas para o esforzo, puxéronse en marcha segundo a marxe dereita do río Arnoia con dirreción ao Muíño da Cova, a Ponte das Cepas e ao Muiño do Dositeo. Ao longo do percorrido, os participantes aproveitaron innumerables ocasións que nos ofrecía o entorno para ir ofrecendo información sobre o que ían vendo (especies arbóreas, vexetacíón, sendeiros e camiños...) como tamén para respostar moitas preguntas que a súa incipiente curiosidade demandaba.

22molgas03_resultado

Xa chegados ao Muíño da Cova, a comitiva aproveitou para repoñer forzas comendo algo de froita e bebendo auga, para continuar cunha breve explicación do funcionamento, a finalidade e a maneira de traballar e de achegarse veciños de diferentes pobos do contorno aos muiños no pasado.

Encamiñados cara ó Muíño do Dositeo para, xa pola marxe esquerda, achegarse a ver cos rapaces a Ponte das Cepas (coa que o ferrocarril salva o desnivel provocado polo río Arnoia), así como tamén os dous túneles que a vía do tren ten a ambos os dous lados desta ponte.

22molgas06_resultado

Chegados a este punto, os cativos e os seus docentes iniciaron o camiño de volta, non sen antes pasar pola estación de tren de Baños de Molgas, que acolle o Museo de Moncho Borrajo, facer un breve descanso e aproveitar tamén para dar información do funcionamento desta estación,  así como tamén de como ser cargaba o gando nos vagóns do tren mediante o uso de "embarcadoiro" co que a estación contaba.

Xa de volta no colexio, a xornada rematou cun bo xantar e uns intres de descanso para repoñer forzas antes de voltar ás casas e poder compartir esta inolvidable experiencia coas súas familias. A actividade, enmarcada nas propostas do centro para promover uns hábitos de vida saudable e descubrir o entorno máis próximo, resultou moi satisfactoria para todos e deixou inaugurada esta nova ruta de Baños de Molgas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma