aulas abertas

Falando de solidaridade

0106.17.XUNQUEIRA DE ANBIA.GRABACION XORNAL ESCOLAR.elena,pablo,david,jorge,cesar,daniel,naiara,raquel,marta,roi.

Organiza, por cuarto ano consecutivo, un concurso de debuxo, conto e relato para fomentar os principais valores da solidaridade

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía segue, ano tras ano, mellorando as súas intalacións e ofrecendo unha gran variedade de servizos que fan posible que aumente o número de estudantes no centro. Actualmente, están inmersos nunha ampla variedade de proxectos de invovación educativa: Plans Proxecta, (Aliméntate Ben, Consumópolis, Mirando polo Camiño e Sustentabilidade e Paisaxe), contratos-programa: (Proa), deporte escolar, Seccións bilingües, horto escolar, programación e robótica entre outros.

Este colexio coa colaboración do Concello de Xunqueira de Ambía, do Concello de Allariz, e dos centros escolares da contorna: Ies de Allariz, Ceip Padre Feijoo e Ies Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia, aunan esforzos e optimizan recursos para organizar IV Concurso de Debuxo, Conto e Relato “Falando de Solidariedade”, este ano baixo o lema: solidariedade co medio ambiente. O Ceip Padre Crespo, con este concurso, en homenaxe a Celtia e Eva, pretende fomentar os principais valores que xiran ao redor da solidaridade: axuda, apoio, amizade, respecto, integración, colaboración, igualdade…

Este concurso literario é para que os estudantes se expresen mediante un debuxo, contando algún conto ou narrando pequenas historias que falen de solidariedade e todo o que xira arredor do seu significado. O programa desta marabillosa actividade solidaria inclúe: visionado de vídeos sobre o cambio climático, charla- coloquio no local das Escolas Vellas: O cambio climático coa bióloga Carmen Díez; Os incendios forestais con Juan Ares, profesor de Xeoloxía e Bioloxía e O lixo do futuro coa profesora de física Pilar Mera. Obra de teatro, no centro educativo de Xunqueira, representada polo alumnado de 5º do CEip Padre Feijoo de Allariz.

Demostracións e exhibición das agrupación de Protección Civil de Xunqueira de Ambía, Maceda, Baños de Molgas e da Xefatura de Ourense, dos Bombeiros e da Garda Civil, incluindo drons e cans adiestrados. Entrega de premios, de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato, e actuacións de Hector Lorenzo e Santi Cribeiro e Mª José Mosquera ao órgano da Colexiata. Exposicións fotográficas e de debuxos, convivencia, encontros e merenda popular solidaria. Durante a merenda gozaron de contacontos e da a actuación musical de Servando Barreiro e Anxo Moure. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?