La Región

XORNAL ESCOLAR

Superinventos e superinventores

Arquímedes, Benjamin Franklin ou Leonardo Da Vinci foron algúns dos pioneiros que inventaron máquinas, ferramentas ou fórmulas para facer a nosa vida moito máis doada e confortable

El mundo de la comunicación y la tecnología avanza de forma rápida.
El mundo de la comunicación y la tecnología avanza de forma rápida.
Superinventos e superinventores

PRECURSORES | ¿QUEN FORON OS XENIOS MÁIS ADIANTADOS AO SEU TEMPO?

Por exemplo, Arquímedes foi un gran enxeñeiro e creou o coñecido “Tornillo de Arquímedes”, aínda empregado hoxe en día para transportar auga e bombardeala. Este invento creuno a raíz da ambición do Rei Hierón II por construír un barco xigante sen que se afundira.  Finalmente Arquímedes logrou construílo e chamouno “Siracusa” (cidade da antiga Grecia onde el naceu).

En canto a Benjamin Franklin seguramente che recorde por inventar o pararraios grazas ó metal que se cargaba de electricidade, pero tamén é coñecido por outro gran invento: as gafas bifocais. Creounas el mesmo cando se deu conta de que non era capaz de ler a letra pequena de cerca. Grazas a incorporar outra lente na parte inferior da gafa, conseguiu solucionar o problema da presbicia. Leonardo Da Vinci foi outro dos grandes que a parte de pintor, científico, escritor, etc empregou moito tempo en tratar de construír unha máquina voadora que imitase o bater das ás dun paxaro manexadas mecanicamente por un ser humano. Sen embargo, a pesar dos seus esforzos, foi un adiantado ó seu tempo xa que resultou imposible que a maquina a puidera mover unha persoa para poñela en marcha. A época dos motores lixeiros aínda estaba por chegar.

HISTORIA | COMO INFLUIRON OS AVANCES NA NOSA VIDA COTIÁ?

A evolución da especia humana foi sempre da man da evolución tecnolóxica a cal, a día de hoxe nos parece imprescindible en cousas tan cotiás como poder chegar a calquera sitio, poder comunicarnos con persoas alleas ó noso contexto social máis próximo ou mesmo para desenvolver traballos tan importantes coma os gandeiros.

Non fai falla que vaiamos a épocas prehistóricas para darnos conta distes aspectos. Por exemplo se lle preguntásemos ós nosos avós e avoas sobre as ferramentas que usaban hai uns anos durante as labores agrícolas que facían, dariámonos conta de que distan moito das empregadas hoxe en día. Sen ir máis lonxe, fai tan so uns 40 anos araban a terra grazas ós animais que tiraban dun pesado carro feito de madeira. Hoxe en día pasamos de iso a empregar utensilios mecánicos e eléctricos de ferro, estas labores resultan agora moito máis rápidas e frutuosas.

COMUNICACIÓN |¿COMO XURDIU A EXPANSIÓN  DA COMUNICACIÓN?

Para falar da expansión da comunicación temos que partir do home prehistórico. Este enviaba mensaxes cos tambores e mediante sinais de fume para avisar de calquera perigo ou para ordenar algún tipo de xuntanza. Fomos evolucionando e chegamos á primeira escritura mediante debuxos pictográficos e así ata que os exipcios inventaron o papiro.

A primeira imprenta foi ideada por Johannes Gutenberg, construíuna empregando unha prensa que esmagaba as uvas para facer o viño, o metal fundido para as letras e unha tinta que secaba moi rápido. 

Posteriormente en 1876 Alexander Graham Bell e Elisha Gray inventaron o teléfono mediante dous electroimáns que recollían as vibracións das ondas sonoras da voz humana e finalmente chegou Jon Logie Baird que foi quen creou a primeira televisión. Transformaba  a luz nunha sinal eléctrica con sombras en branco e negro. Así pois, foi en 1936 cando se fixeron as primeiras emisións públicas dende Londres.

INFORMÁTICA | COMO NACEU?

Un dos inventores da computación moderna coñecida hoxe en día foi Alan Turing. Grazas á súa participación no desenvolvemento de dispositivos de análises criptográficos que rompía algoritmos, creou a máquina “Bomba”. Esta foi deseñada para descifrar mensaxes secretos usando o código “Enigma” que se enviaban os nazis durante a segunda Guerra Mundial. Grazas a el salváronse moitas vidas naquela guerra e contribuíu a que non durase moito tempo máis ó descubrir moitos dos códigos que mandaban.

Dende el, chegamos ó uso de internet. Tim Berners – Lee, creou a “World Wide Web” (rede informática mundial) onde se pode compartir todo tipo de documentos, vídeos, música…e onde nos podemos comunicar e compartir información dende calquera parte do mundo mediante un navegador. A idea xurdiu a raíz de que Tim traballaba no laboratorio CERN e quería compartir os descubrimentos e o traballo que realizaba con outros compañeiros. Nun primeiro momento era imposible xa que cada traballador contaba co seu propio ordenador e cada un deles tiña o seu software. Foi así como se lle ocorreu idear un sistema que lle permitise compartir o seu traballo cos seus compañeiros. Posteriormente ó ver que a idea deu resultado, pensou que este sistema podería ser usado por todo o mundo e creou a “Wolrd Wide Web”.