taller

Talleres para fomentar a olería entre os cativos

taller
photo_camera Os monitores axúdanlle ós pequenos a que a súa peza non rompa.
Xunqueira de Espadanedo ofrece un programa de actividades para achegar ós pequenos a esta tradición artesá

"Terras Sacras: Olería e Mosteiro" é o nome da actividade promovida dentro do proxecto de turismo cultural "adMIRAme. Xunqueira de Espadanedo" co obxectivo de achegar o oficio da olería ós máis pequenos para protexer o patrimonio cultural da zona. Dentro do programal global, ofrécense unha serie de propostas que, con diferente enfoque, ofrécenlle ós participantes a oportunidade de coñecer os segredos desta tradición artesá. "Embarrados" é o nome da primeira das actividades, que inclúe a elaboración dunha peza no torno e unha visita guiada ó museo taller de Niñodaguia. En segundo lugar, "Os 7 selos de Frei Bernardo" un xogo de escape que consiste nunha proba baseada en desafíos históricos, como son a resolución de enigmas a partir dos elementos históricos e arquitectónicas das instalacións. 

Por último, colexios ou agrupacións infantís terán tamén a posibilidade de realizar unha visita guiada para comprender, non só o mosteiro de Xunqueira senón tamén as orixes e características da olería tradicional. O prezo das propostas oscila entre os 3 e os 7 euros por neno e está aberto a tódolos nenos e centros educativos da provincia. 

Os interesados poden obter máis información ou realizar a súa inscripción no enderezo "www.edu.xunta.gal/portal/node/23008". O proxecto "Terras Sacras" forma parte do Plan Nacional de Educación Patrimonial e está coordinado polas Consellerías de Turismo e Educación.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?