XORNAL ESCOLAR

Tapóns solidarios para Valeria

FotoJet Collage

Son moitos os colexios da provincia de Ourense que colaboran coa campaña "O teu tapón, o seu sorriso"

Unha campaña solidaria organizada pola Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Verín, e a forza, sen límites, dos pais de Valeria, unha familia que loita a diario para cubrir ás necesidades da súa filla.

A Fundación Amigos de Galicia está a disposición da sociedade galega, traballando activamente para cubrir as necesidades básicas das persoas que máis o necesitan. Valeria precisa un tratamento espécifico que consiste en sesións de terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia e que permite mellorar a súa saúde e facilitarlle o desenvolvemento na súa contorna. Os estudantes da provincia de Ourense demostran, unha vez máis, que son moi solidarios e están inmersos na recollida dos 19 millóns de tapóns que se necesitan. O colexio Miraflores e Divina Pastora-Franciscanas son puntos de recollida e no Ceip Irmáns Villar, o seu conserxe, Joaquín González, non só os recolle no seu centro educativo senón que realiza unha ruta por diferentes colexios da cidade que tamén colaboran nesta solidaria campaña: Ceip A Ponte, Ceip A Inmaculada, Ceip Amadeo Barroso, Ceip As Mercedes, Cpi José García García, Ceip Curros Enríquez, Ceip Prácticas, Ceip Albino Núnez, Ceip Mariñamansa e a Escola de Música. No Ceip Curros Enríquez de Celanova, Ceip San Marcos, Ceip Rogelio García Yáñez, Ceip de Oimbra, Ceip Amaro Refojo, Ceip Castrelo de Val... tamén están colaborando na recollida de tapóns para Valeria. Queda patente o compromiso e solidaridade das comunidades educativas da provincia de Ourense.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar