La Región

XORNAL ESCOLAR

Todos unidos polo Día da Paz

Hoxe conmemórase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e os centros de ensino ourensáns súmanse a este día organizando numerosas actividades, moitas delas xa as levan preparando desde hai tempo e noutros casos, prolongan a celebración toda a semana.

Cativos e cativas de 3 anos de Franciscanas amosan as súas creacións.
Cativos e cativas de 3 anos de Franciscanas amosan as súas creacións.
Todos unidos polo Día da Paz

No CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle, os maiores leron en conxunto un conto que trataba da amizade, da convivencia, da inmigración, a igualdade...Tamén visiosaron a película "Wonder", sobre o acoso escolar, e reflexionaron sobre o tema. Os cativos, decoraron a aula e fixeron un fermoso mural que hoxe loce nas instalacións do centro, día no que realizarán unha "Andaina pola Paz", un mural relacionado co proxecto deste curso: "Hábitos saudables" e posavasos cunha poesía sobre a paz. 

Outro dos centros que compartiu co Xornal Escolar os preparativos do Día da Paz foi Salesianos. Hoxe e como é habitual, esta conmemoración concregará a máis de 1.200 alumnos e profesores e concluirá coa solta simbólica dunha pomba. Esta actividade súmase a moitas outras que levan organizando estes días nas que o fío condutor foi unha reflexión persoal e grupal como camiñantes que son en procura de paz. 

No colexio Divina Pastora tamén conmemoran hoxe e por todo o alto o Día da Paz. Os cativos realizaron manualidades e os maiores, empregando material de refugallo, tamén preparan mensaxes que hoxe lucirán no centro. En Carmelitas, hoxe tamén é un día de moita actividade. O polideportivo acollerá un gran espectáculo e as aulas e cada espazo do centro está decorado cos traballos dos alumnos.