La Región

PHOTOCALL

Un retorno con emoción

A puntualidade co retorno ás aulas non fallou e en tódolos colexios ourensáns.
Os nenos do CEIP Xuvencos de Boborás foron puntuais para  inaugurar o curso escolar, aínda ques lles custou un pouco madrugar, todos estaban contentos por reencontarse cos seus amigos.
Os nenos do CEIP Xuvencos de Boborás foron puntuais para inaugurar o curso escolar, aínda ques lles custou un pouco madrugar, todos estaban contentos por reencontarse cos seus amigos.
Un retorno con emoción

A postal repetiuse en todo o ancho e longo da provincia. Caras de sono porque toca voltar á rutina dos madrugóns pero moita ledicia por reencontrarse con amigos que, nalgúns casos, levaban tres meses sen ver. A puntualidade co retorno ás aulas non fallou e en tódolos colexios ourensáns. Os pequenos agardaban impacientes a que o profesorado abrise as portas para coñecer ó profesor que os acompañará nos vindeiros nove meses, coller a mesa que ocuparán durante todo o curso e poder conquistar o seu pequeno territorio de aprendizaxe e xogos. Emoción e algún choro tamén nos cativos de Educación Infantil que se estrean nesta nova etapa vital. 

Nas páxinas deste xornal poderás ver como se viviu a primeira xornada do novo curso en moitos colexios de toda a provincia.