educación

Unha escola moi especial en Ribadavia

Os nenos de Francelos preparando o horto de cara á nova colleita.
photo_camera Os nenos de Francelos preparando o horto de cara á nova colleita.
O CRA Amencer, de Ribadavia, aumentou en preto dunha vintena de rapaces o alumnado para este curso gracias ó especial das súas iniciativas nun entorno rural

O colexio rural agrupado Amencer, de Ribadavia, inicia o curso cunha grande satisfacción: o aumento do alumnado. En só un curso, pasaron de algo máis de 30 alumnos a medio cento de pequenos nas tres escolas que compoñen a agrupación. Segundo as sensacións que recibiron dende o equipo directivo "gusta como traballamos, os métodos que seguimos e o rural en si". Explícao Raquel Rodríguez, a directora, que pon o foco deste bo funcionamento no profesorado porque "cubrimos tódalas necesidades dos rapaces e a implicación dos docentes contribúe a que todo vaia moito mellor". Para ela, o funcionamento deste tipo de centros rurais é moito máis enriquecedor, posto que os alumnos entran moito máis en contacto co entorno e a comunicación coas familias é moito máis fluída. "É unha escola moito máis familiar", apunta Raquel, posto que "facemos partícipes ós pais de actividades como as saídas de campo". 


Ademais de novos alumnos, o centro estrea instalacións


Alén diso, o CRA Amencer inicia o curso cunha renovación das instalacións, obras que se iniciaron en agosto por parte do Concello de Ribadavia, como son a renovación do chan ou da pintura. "Empezamos pola aula de San Paio" onde, ademais, conseguiron ampliar a biblioteca para poder sumar actividades como a robótica. "Aí intentamos xuntar ós nenos das tres escolas para facer talleres e actividades". Aínda que Amencer está dividido en tres espazos, "os nenos conviven moitísimo entre eles" e reúnense con moita frecuencia para facer rutas, festas ou obradoiros variados. 

Esta agrupación de escolas rurais conta con nenos de entre 3 e 7 anos que pertencen ós cursos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. A de San Cristovo é a escola con maior número de nenos e neste curso fixeron un desdobre, de xeito que se estableceu unha aula para Infantil e outra para Primaria, á que acoden seis nenos. As de San Paio e Francelos contan cada unha cun aula na que cada pequeno recibe as atencións necesarias para a súa idade e formación académica. 

O funcionamento dun colexio rural agrupado como é Amencer conta cunhas características propias. Por iso, os representantes dos diferentes centros desta tipoloxía manteñen reunións periódicas que lles permiten establecer métodos de traballo conxuntos. "Xuntámonos unha vez cada trimestre", conta Raquel, co obxectivo de analizar estratexias de actuación. 

De cara ó futuro, un dos proxectos máis inmediatos nos que traballa Amencer é a instalación dun invernadoiro coa colaboración da Consellería de Medio Rural. Está previsto que a iniciativa se poña en marcha ó longo deste curso en Francelos, se ben a finalidade é contar cunha horta en cada unha das tres escolas. "Son cousiñas que tratamos de facer diferentes ó restos de colexios" para instruir ós pequenos en materias interdisciplinarias máis alá das estrictamente académicas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?