Xornal Escolar

Valores que os alumnos do Divino Maestro non esquecerán

Xornal Escolar

AULAS ABERTAS

Valores que os alumnos do Divino Maestro non esquecerán

Os monitores explicáronlles como empregar as ferramenta (MARTIÑO PINAL).
photo_cameraOs monitores explicáronlles como empregar as ferramenta (MARTIÑO PINAL).
O traballo da horta require todo un proceso que dá como resultado a satisfacción dun esforzo ben realizado

O coidado da horta non entende de frío, de calor, de choiva ou de neve. A terra require un coidado e dedicación continuos para dar o mellor de si. Por iso, os alumnos do colexio Divino Maestro, que nesta ocasión participaron na actividade, prestaron moita atención ás explicacións dos monitores, que lles explicaron que tipo de verduras e hortalizas son as máis típicas desta época do ano, como arrincar as malas herbas, como regar os productos para que tomen a correcta ración de auga, como arrincalos para que non sofran nin o froito nin a terra e como comportarse con eles unha vez recollidos. 

Os participantes amosáronse moi satisfeitos coa recolleita e disfrutaron incorporando este tipo de aprendizaxe á súa formación académica. Porque o coidado do medioambiente apréndese nos libros pero tamén necesita de accións máis prácticas. Foron moitos os que se animaron a coller o sacho para traballar o terreo. Sobre todo, centráronse en eliminar aquelas herbas perxudiciais para a colleita, pero tamén foron quen de identificar algúns exemplares que xa están listos para consumirse. Foi este o momento máis emocionante pois os nenos tiveron ocasión de experimentar a satisfacción que produce o resultado de tanto esforzo.