A vida escolar adaptada ós tempos do covid

Coñecemos como se prepararon
as instalacións do colexio Cardenal Cisneros
para adaptarse ó protocolo Covid.
photo_camera Coñecemos como se prepararon as instalacións do colexio Cardenal Cisneros para adaptarse ó protocolo Covid.
esta semana o programa de Telemiño visita Amencer e 
o colexio Cardenal Cisneros para coñecer as súas actividades

Como se adaptan as actividades de ocio ós tempos de covid? E as instalacións dos colexios, que tiveron que facer para esta nova realidade? Todo iso será o que descubran os espectadores desta semana do Xornal Escolar que cada sábado se emite en Telemiño. Para o primeiro, as cámaras achéganse ata o "Tempo de troula" de Amencer, onde un grupo de mozas e mozos da cidade pasa as tardes gozando de numerosas propostas lúdicas e educativas mentres os seus pais poden conciliar de xeito doado.

Do segundo falará o equipo directivo do colexio Cardenal Cisneros, que lle ofrece ó programa un percorrido polas instalacións para coñecer como tocou distribuír e acondicionar o edificio para adaptarse ó protocolo covid. Descubriremos como colocaron as aulas, de que xeito circulan os pequenos polo centro educativo ou como se transformaron os xogos do patio para garantir o transcurso dun ano lectivo seguro.

PRENSA

Queres coñecer que opinan os pequenos de Franciscanas dalgúns asuntos de actualidade? Esta é a sección adecuada. Os incendios ou a posibilidade de que exista vida en Venus son algúns dos temas sobre os que nos falarán e sobre os que nos darán as súas ocurrentes opinións. 

ESCOLA DE FAMILIAS

Tras ofrecerlles ós pais ourensáns uns prácticos consellos sobre a volta ás aulas en tempos de pandemia, a coordinadora de Urxencias Pediátricas de Cosaga, Olga Fernández, seguirá ofrecendo consellos de saúde relacionados co benestar dos máis pequenos e ofrecéndolle tranquilidade ós pais.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?