Arquimakers, viaqua 2030 “Creando as cidades da era dixital” é o nome do proxecto educativo
Impulsada por Viaqua, coa colaboración co Concello de Ourense e o centro de innovación “La Molinera”, desenvólvese a iniciativa Arquimakers, Viaqua 2030 “Creando as cidades da era dixital”. Dunha destas actividades foi testigo hai uns días a cámara de Telemiño. Trátase dunha experiencia educativa que pretende concienciar ás novas xeracións sobre a sustentabilidade do recurso da auga como unha prioridade nas cidades do futuro, a través do videoxogo Minecraft. A través dos recursos educativos deste videoxogo, os máis novos (nenos e nenas de 8 a 12 anos) aprenden a construír cidades sostibles, que coiden a auga de forma prioritaria, ao mesmo tempo que se divirten.
Este programa, que se desenvolve ata o mes de decembro conta con catro bloques formativos con capacidade para 24 plazas cada un, en horario de seis a sete e media da tarde. Todos os interesados en participar só teñen que facer unha inscrición enliña a través da web de La Molinera.
Viaqua impulsa unha experiencia educativa a través do xogo Minecraft
Conchi e o seu equipo compartiron cos escolares unha experiencia do máis divertida da que se pode concluír que é doado e á vez divertido facer un uso responsable de auga.
LATRICAR
Esta semana a sección "Latricar" do programa Xornal Escolar desprazouse ao colexio Santo Ángel de Ourense. Alí, un grupo de cativos e cativos compartiron coas cámaras de Telemiño a súa opinión sobre a pintura. Todos coincidiron en sinalar o moito que lles gusta pintar, pero á hora de escoller unha temática e as cores que prefiren utilizar nos seus debuxos tiñan distintas opinións e as compartiron con Conchi Pérez.
LER O XORNAL
Ler o xornal, ademais de ser unha sección máis do programa escolar de Telemiño, xa é unha costume para moitos cativos de Ourense. Isto o comproban as cámaras de Telemiño cada vez que acoden a un centro de ensino. Nesta ocasión, tamén no colexio Santo Ángel, gravaron esta sección na que os cativos deron conta das novas máis salientables do día no xornal La Región.