ANIMACIÓN Á LECTURA

Xabier Estévez cítase cos escolares

encontros2_result
photo_camera Belén Iglesias e Xabier Estévez no momento da presentación da actividade.

A Concellería de Educación promove a actividade de animación á lectura denominada "Encontros co Autor"

Baixo a denominación de "Encontros co Autor", hai uns días presentouse unha nova actividade da Concellería de Educación do Concello de Ourense incluida dentro do programa "Animación á lectura". 

Nesta proposta educativa participarán un total de 813 nenos e nenas procedentes de 20 centros de ensino. A proposta, que arrancou o pasado venres, continuará mañá e o venres e está pensada para escolares de 5º de Educación Primaria.

Nesta sesión, convidouse ao escritor Xabier Estévez, autor do libro "Avións de Papel". Cada alumno e alumna que participou na actividade, recibiu no mes de decembro un exemplar do libro para traballar nel con tempo. O obxectivo desta actividade é poñer en contacto directo aos escolares con escritores e ilustradores e dar a coñecer de preto o traballo dun escritor e ilustrador, ao tempo que se lle inculca aos nenos a paixón pola lectura.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?