O meu cole chámase...

Xermán Ancochea

Dotes innatas

xornalescolar_0102_ancochea_02

Xerman Ancochea Quevedo naceu na cidade arxentina de Córdoba en 1908. A pesar de nacer na emigración, tras morrer o seu pai regresou coa súa nai a Galicia e pasou os seus primeiros anos de mocidade na Pobra de Trives, de onde era natural a súa familia. Xa na etapa universitaria, trasladouse a estudar a Madrid, demostrando destrezas innatas na carreira de Ciencias Exactas. Licenciouse en 1930 e doctorouse en 1936, con premios extraordinarios. No medio desta etapa foi profesor auxiliar de Xeometría en Madrid e iniciou o seu labor investigador na Sorbona (París).

O seu propio teorema

Ancochea foi profesor nas universidades de Tenerife, Salamanca, a Complutense de Madrid e Caracas (Venezuela). Ademais, dentro da súa producción científica, salientan os resultados que obtivo en Xeometría Alxebraica, Diferencia, Teoría Analítica de Polinomios, Semi-automorfismos de Álxebras con Division e Xeometría Proxectiva. Todos eles valéronlle invitacións para ofrecer conferencias por todo o mundo. Actualmente existe unha fórmula chamada “Teorema de Ancochea-Hua”. Foi membro da Real Academia de Ciencias de Madrid. Alí faleceu en 1981.

Un instituto na súa vila

xornalescolar_0102_ancochea_01

Xermán Ancochea Quevedo foi un reputado matemático durante toda a súa vida, méritos polos que recibiu o Premio Nacional de Investigación no ano 1977, entre outros galardóns. Como recoñecemento a un dos seus veciños máis ilustres, A Pobra de Trives púxolle o seu nome ó instituto da vila, a onde acoden cada día centos de mozos e mozas da contorna. O centro educativo está, ademais, ubicado na rúa do mesmo nome, coa que Trives lembra ó gran científico que viviu sempre ligado á terra dos seus pais.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma