Xornal Escolar

A ximnasia, unha proposta completa

Xornal Escolar

A ximnasia, unha proposta completa

Esta semana o programa de Telemiño amósanos os primeiros días de clase dos máis pequenos e danos consellos de deporte

O programa Xornal Escolar de Telemiño desta semana lévanos ata o colexio Carmelitas para descubrir como está sendo o periodo de adaptación dos máis pequenos de Educación Infantil, canto lles gusta a súa nova aula e como se adaptan ás novas medidas de seguridade e hixiene do covid. 

A segunda reportaxe da emisión amosaranos os beneficios da ximnasia rítmica para as máis pequenas da man do Club Marusia, que adestra tódalas semanas nas instalacións do Pazo dos Deportes. Alí, as protagonistas desta sección serán as encargadas de contarnos que é o que máis lle gusta da ximnasia, os beneficios que ten para o corpo e asistiremos a unha intensa sesión de aquecemento, xunto á súa presidenta, Pili. 


Latricar


Serán as propias ximnastas do Club Marusia as que "latriquen" sobre a importancia de facer deporte e darannos os consellos para poder levar unha vida do máis saludable. 


Escola de familias


Visitamos de novo a consulta da doutora Olga Fernández, coordinadora das Urxencias Pediátricas do hospital Cosaga, para seguir avanzando nos consellos sobre como actuar nos centros educativos ante o covid. Neste caso, explicaranos que se consideran "contactos estreitos" á hora de illar ós alumnos ante o positivo nunha aula. Do mesmo xeito, ofreceralles ós pais ourensáns unha guía sobre como actuar no caso de que exista un caso de covid nun colexio e que unha rapaza ou rapaz se vexa obrigado a gardar corentena.