Xornal Escolar

Xornadas culturais, no Luis Vives

Xornal Escolar

Xornal Escolar

Xornadas culturais, no Luis Vives

O grupo de HOP-HOP , xunto a súa profe, tamén sorprendeu cunha fantástica actuación.
photo_cameraO grupo de HOP-HOP , xunto a súa profe, tamén sorprendeu cunha fantástica actuación.

Son unhas datas moi especiais para todos, xa que se celebran dende fai once anos con moito esmero

O CPR Plurilingüe Luís Vives está inmerso na celebración das XI Xornadas Culturais 2015 que se extenden ata o venres. Son unhas datas moi especiais para todos, xa que se celebran dende fai once anos con moito esmero. Con elas conséguese un ambiente de aprendizaxe moi atractivo, xa que engloban cultura, deporte, xogos, bailes, teatro,creatividade…Deste xeito os profesores, monitores, familias e alumnado manteñen uns marabillosos lazos de convivencia dos que se sinte moi satisfeitos.
Para organizalas fórmase unha comisión de cinco profesores  ao comezo do curso. Traballan con esmero para que as actividades propostas sexan interesantes e motivadoras para os rapaces. E tamén organizan as graduacións de Infantil e Secundaria,que se converten en momentos cheos de lembranzas e emocións para todos. O repertorio que seleccionaron para este ano é moi amplo para infantil, primaria e secundaria. Cada etapa ten as súas actividades, aínda que hai algunhas que son comúns para todo o alumnado.

Comentarios