XORNAL ESCOLAR

Xornal Escolar de verán, paso a paso

OURENSE (CENTRO COMERCIAL PONTE VELLA). 15/06/2018. OURENSE. Celebración de la fiesta Xornalistas na Escola, organizada por el diario La Región para los diferentes escolares. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Una niña recorta una noticia de La Región para su Xornal Escolar.

La Región convoca a primeira edición do concurso estival "Xornal Escolar de Verán", que consiste na elaboración por parte de nenos e nenas da provincia de Ourense do seu propio xornal partindo das novas que se publican en La Región.

EN QUE CONSISTE O CONCURSO XORNAL ESCOLAR DE VERÁN?

 Os participantes deberán escoller durante todo o verán aquelas novas que máis lle chamen e atención do xornal. Para elo deberán centrarse ben na lectura de cada unha das seccións e poderán escoller tantas novas como queiran e de todas as seccións que prefiran.

Antes de seleccionar unha das novas é preciso que teñan moi claro o motivo polo que escollen esa nova xa que despois de pegala deberán comentala. Así, deberán engadir os motivos que os levaron a escollela, como a titularían e que opinan sobre esa nova.  Así que o primeiro que deben facer é ler e seleccionar todas as novas que queren incluír na súa publicación de verán.

A actividade que propón La Región é moi divertida xa que a todos os nenos e nenas lles gusta cortar, pegar e elaborar fantásticos collage e con este obradoiro é o que deberán facer este verán. 


OURENSE (CENTRO COMERCIAL PONTE VELLA). 15/06/2018. OURENSE. Celebración de la fiesta Xornalistas na Escola, organizada por el diario La Región para los diferentes escolares. FOTO: ÓSCAR PINAL.QUE TEÑO QUE RECORTAR E QUE OUTRAS OPCIÓNS TEÑO? 

Os participantes no concurso poden seleccionar tantas novas como queiran, pero sempre tendo en conta que contarán con oito páxinas para ubicalas e que todas deben ser novas publicadas durante o verán en La Región. Cando xa teñan escollidas as distintas noticias, nas que deberán incluír como mínimo unha nova de cada semana do verán, deberán recortalas para a continuación pegalas no boceto que hoxe e o vindeiro mércores, 27 de xuño, se incluirá nas páxinas do Xornal Escolar.

Ademais de recortar textos, fotografías e titulares, os concursantes poderán facer os seus propios debuxos, sempre facendo referencia a unha nova que se publique en La Región. Así, ademais de recortar poderán pintar e colorear o seu xornal de verán para que sexa o máis fermoso posible. 

PRESENTACIÓN DO XORNAL  DE VERÁN E ENVÍO

O xornal está case listo para enviar, soamente é necesario darlle o último toque. Para elo podedes engadir nas páxinas detalles que embelezan o traballo. Podedes incluír debuxos, recortes de crucigramas, do mapa do tempo, chistes de O Carrabouxo, etcétera. En definitiva todo o que vexades que pode converter o voso xornal no gañador do concurso. Á hora de valorar o mellor traballo serán puntuables dun xeito moi positivo os vosos comentarios sobre as novas escollidas, así que deixade voar a vosa imaxinación e o voso lado máis creativo para sorprendernos cos comentarios máis orixinais.

Unha vez finalizado o traballo, poderedes facelo chegar mediante email a [email protected] ou ben por correo ordinario a La Región, : Polígono Industrial San Ciprián de Viñas "David Ferrer", Rúa 4, s/n, 32901 A Zamorana, Ourense. Todos os detalles e bases do concurso xa as podedes atopar en concursos.laregion.es. 

COMO PODO FACER PARA CONFIGURAR UN FERMOSO XORNAL DE VERÁN?

Escollidas xa as novas que imos incluír, toca darlle forma. O primeiro que debemos ter claro é como ubicalas nas oito páxinas que conforman a publicación. Deberedes pegar as novas escollidas de xeito que o resultado sexa un traballo equilibrado e cun números semellante de novas en cada páxina. Despois de pegalas é o momento de incluír as aportacións propias. Deberedes comentar as novas e dicir o motivo que vos levou a escollelas. Tamén podedes incluír información complementaria desa nova que vós coñezades. Nas oito páxinas deberá haber noticias das distintas seccións de La Región e tamén algunha da vosa comarca, pobo ou localidade, de produción propia, isto é que vós coñezades e que pode resultar de interese informativo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma