Xornalistas moi activos e participativos no Filomena Dato

José Manuel, Xiana e Johana exerceron magnificamente de copresentadores do programa Xornal Escolar, onde deron conta das actividades que comparten no seu colexio

Un grupo de máis de trinta alumnos e alumnadas, de 6º de Primaria, do colexio Filomena Dato visitaron o plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. Non era a primeira vez que os escolares deste centro de ensino visitaban o plató de Telemiño, aínda que sí que o era para este grupo, que acudiu para falarnos do seu centro e dos principais proxectos, facendo especial fincapé na Xogo da Serpe e nos programa de mobilidade nos que están inmersos.

María Bóveda, mestra de Pedagoxía Terapéutica do centro, exerceu magnificamente de concursante, mentras que José Manuel, Xiana e Johana foron os copresentadores e encargados de axudar a Conchi Pérez na súa labor.

O programa arrancou coas presentacións e co visionado dun video do Filomena Dato, onde amosaron a súa participación na actividade “Mobilidade Sostible e Segura”, enmarcada no Plan Proxecta.

A continuación, os escolares comentaron características do seu centro, das actividades coas que contan e o ben que o pasan día a día neste colexio de A Valenzá. Os tres copresentadores destacaron por ser moi participativos e moi activos durante todo o programa.

Minutos máis tarde, a profesora María tivo que someterse á primeira proba do programa e enfrontarse a unha serie de acertixos, tres en concreto que respostou con moito tino.

LA REGIÓN NAS AULAS

Durante a visita das cámaras de Telemiño ao colexio Filomena Dato foron testigos da importancia que ten a prensa nas aulas deste centro de ensino. Os copresentadores contaron como empregan a prensa habitualmente no colexio, tanto e así que cada luns teñen que escollar unha das novas que atopan no xornal e falar dela ante os seus compañeiros. Non cabe dúbida que no Filomena Dato son uns verdadeiros expertos á hora de ler a prensa.

RONDA DE PREGUNTAS

A continuación chegou un dos momentos máis agardados dos escolares, o momento de formularlle unha serie de preguntas á profesora e así saber un pouco máis dela.

¿Que é eso de PT?

PT son as siglas de Pedagoxía Terapéutica. Trátase dunha especialidade coa que se pretende axudar a aqueles escolares que teñen máis dificultade.

¿Por que decidiches ser profesora?

Sempre me gustou. Cando era cativa xa me gustaba moito e xogaba a selo. De feito facía de profesora da miña irmá. É sen dúbida a miña vocación.

¿A que adica o teu tempo libre?

Cando salgo do cole o primeiro que fago é descansar un pouco. Despois gústame facer algo de deporte, ler e pasar o tempo cos amigos e a familia.

Tras despedir á profesora, os escolares do Filomena Dato foron testigos da seguinte invitada. Sinda Aguiar visitou o plató de Telemiño como representante da Direción Xeral de Tráfico para falar de todas as actividades de educación vial que están a levar a cabo en numerosos colexios da provincia, así como os bos resultados que están acadando no tema de concienciación dende idades temperás. Sinda falou do Xogo da Serpe, esta iniciativa europea na que Ourense é a primeira provincia galega en participar con moito éxito e con moita implicación tanto das comunidades educativas dos centros como por parte das institucións. Aguiar amosouse orgullosa e convida a seguir traballando tan ben como o están a facer ata agora nos colexios que participan nestas iniciativas. 

ALTERNATIVA OCIO

A alternativa de ocio que se presentou neste programa levou ás cámaras de Telemiño ao Concello de Barbadás. Dende a Concellería de Cultura organizan continuamente propostas educativas e de ocio para todas as idades. Obradoiros, concertos, teatro, charlas son só algunhas das propostas que presentan para gozar en familia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma