COLEXIO PLURILINGÜE LA PURÍSIMA

Xóvenes pero moi capacitados

No colexio La Purísima fomentan as capacidades individuais de cada estudante a nivel deportivo e curricular para favorecer o desenvolvemento integral do alumnado

Os mestres e profesores do colexio Plurilingüe La Purísima, xogan un papel decisivo na escola, a súa labor formativa vai máis aló da transmisión de coñecementos. Entre outras moitas funcións destacar que potencian a motivación e o estímulo como base do crecemento persoal. Obtan por unha educación personalizada acomodada ás necesidades de cada alumno tendo en conta o propio entorno. Orientan aos alumnos nun traballo formativo para que descubran as súas actitudes e aprendan a desenvolver as súas capacidades e a tomar decisións con libertade e responsabilidade, tamén potencian o deporte e a educación a través da actividade motriz e da expresión corporal, para fomentar a adquisición de destrezas e habilidades como puidemos ver no plató de Telemiño.

Os representantes dos alumnos, que actuaron como co-presentadores foron: Mencia Gómez, Adrián Vázquez e Laura Pan, que xunto cos seu compañeiros de 6º de primaria foron os protagonistas deste divertido espazo de Telemiño.
O atrevido profesor concursante foi David Valcárcel que superou as probas que prepararon no colexio e respondeu a todas as preguntas que lle fixeros os co-presentadores.

Que che gustaría cambiar do noso cole?
Pois cambiar non cambiaría moitas cousas, pero si puidera e me deixaran, escavaría por debaixo das Mercedes para melloar as instalacións deportivas, faría un polideportivo para o cole impresionante. Temos un polideportivo seis metros baixo a terra e outro exterior.
Que é o que máis che gusta do noso cole?
É dificil elexir só unha pero unha das cousas que me encanta é a cercanía que hai tanto dos profesores cos nenos coma das familias cos profesores.Céntrome en potenciar as capacidades individuais dos alumnos.

Por que decidiches formar o clube deportivo?
No club La Purísma gústame fomentar o deporte no colexio e o colexio no deporte tanto en nenos como en adultos cunha gran variedade de modalidades.
Sabrías decirnos cinco xogos populares galegos?
A chave, a billarda, a petanca, as chapas, a rá, a porca...
Cando casaron os reis católicos?
En outubro, o 18 de outubro de 1469. Lémbrome da data exacta porque o acabamos de estudar en coñecemento.

Cal é a capital de Honduras?
A capital de Honduras é Tugucigalpa.
Onde che gustaría vivir?
Na actualidade gustame vivir en Ourense,é unha cidade que me gusta moito pero cuando o meus fillos sexan independientes gustariame vivir no Tibet
Cual é a clase de educación física que máis che gusta impartir?
Gústanme todas pero si teño que elexir disfruto moito cos deportes colectivos e as actividades ximnásticas.
Cuando os teus fillos casen, tes pensado levar smoking?
Non sei, dubido que leve smoking na voda dos meus fillos pero nunca se sabe...

No patio do centro hai un mercado solidario. No mes de maio fan un mercado onde cada persoa, voluntariamente, doa os obxectos que quere e ponse un prezo simbólico. Hai moita colaboración e utilizamos o recaudado para cubrir necesides das persoas cercanas máis necesitadas.
Unha experiencia moi bonita para os alumnos e profesor destacando a a naturalidade dos alumnos. Encántoulles sair na tele. Despedironse con sorrisos e ganas de voltar a Telemiño.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?