Anaco Louvante para un ribeirao

Anaco Louvante para un ribeirao

“Se fora a sachar nabos ou rodrigar unha cepa, para colleitar o famoso negrón do Ribeiro, eu faría primores, mais sen pluma todo me saie coma as narices dos monárquicos, que bon coidado tiveron en manter o analfabetismo coma unha xolla preciosa, e así percorremos o mundo a trompicós, toda ista mamarrachada que eu escribo aprendína por acó” (Carta de Cesáreo Mosquera a Iglesias Brage, dende Iquitos, 05.03.1933).

Fará cousa dunhos seis anos, publiquéi nun xornal galego o texto “Un personaxe de lenda”. Facía eu  unha reseña de “Alfonso I de la Amazonía, Rei dos Xíbaros”. Unha historia dun aventureiro nado, coma mín, no concello de Avión, terra dunha forte emigración no século pasado. O coñecemento das suas proezas na Amazonía peruana debemolo ao traballo de Maximino Fernández Sendín. 

Veño de rematar a lectura da terceira edición do 2017 da sua obra, xa que é unha edición correxida e aumentada das anteriores. E así é, xa que aporta un grande traballo documentado e riguroso. O groso do debandito traballo atópase no “Fondo Documental de Iglesias Brage”, custodiado no Arquivo do Reino de Galicia, sito no xardín romántico de San Carlos, en A Coruña. 

Diste fondo destaca a abondosa correspondencia entre Cesáreo Mosquera e o afamado aviador. Grazas a esa correspondencia, chegamos a coñecer a Alfonso Graña, que reinou máis dunha década nas tribus dos aguarunas e os huambises. Mosquera non somentes da a coñecer a Alfonso Graña, se non que aporta inxentes datos da frora e fauna daquela ampla selva, e que poidera ser de utilidade pra a pretendida “Expedición de Iglesias Brage ao Amazonas”, cuns fins centíficos e antropolóxicos.

Mosquera foi dos moitos emigrantes transoceánicos que partira fuxindo da miseria e do analfabetismo na Galicia, durante a Restauración, nos primeiros anos do pasado século. Chegóu dende a súa aldea Costeira (Ribadavia) a Brasil atraído pola riqueza que xeneraba a explotación do caucho. Dita ilusión o levaría ata Iquitos na selva amazónica no Perú. Alí adicóse ao oficio de barbeiro, e logo abriría unha importante librería, “Amigos del país”, que se convirtiría nun importante lugar de encontro da colonia española naquela vila. Home de inquedanzas culturáis, distiribuidor da prensa española, masón e republicano confeso. Da súa máquina de escribir xurdiría a correspondencia con Iglesias Brage, así como da sua cámara fotográfica as imaxes que hoxe forman parte da historia que el relata. Mantivo tamén correspondencia con Jiménez de Asúa, ex ministro de Xustiza da II República, xa exiliado en Buenos Aires (Ficheiros da Fundación Pablo Iglesias).

Agradezo a Fernández Sendín a súa obra, que deume non somentes coñecer a istes personaxes galegos de lenda, se non que me fixo lembrar o berce da miña aboa materna en Covelo, cando traza un anaquiño  dun estudo antropolóxico-toponímico daquela zona.

Por Pilar Fernández Rúa el
21/08/2019 23:15 h.