Cartas al director

Co progreso veu o despoboamento

“Velai ven, ven avantando / comares e corgos, e vales, e cerros ./ ¡Vinde vela, mociños e mozas! / Por onde ela pasa / fecunda os terreos; / espértanse os homes/ frolecen os eidos” (Do poema de Curros Enríquez, “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”, 1881). 

Sempre fun un forofo do ferrocarril. Unha paixón que herdóu o noso  fillo ata convertirse na data de hoxe nun maquinista de locomotora. Non somentes herdóu a miña paixón, se non que é neto,  pola liña materna, dun antigo empregado do ferrocarril. Un empregado que, coa sua familia, foi trasladado a Ourense, coa apertura da vía Zamora-Ourense no ano 1957. Gardo das miñas viaxes polas vías do tren, lembranzas inesquecibles. Daquelas viaxes onde se compartían, con propios ou extranos, anécdotas, bromas, inquedanzas, pan, chourizos e grolos de viño. O tempo daba pra todo. O paso a modiño da locomotora, e as moitas paradas no percorrido, confabulábase pra elo.

Non eran, na maiorías das veces, viaxes de pracer (daquela non existía o Inserso). Viaxábase na procura de mercar ou vender nas feiras , atopar un traballo nas ciudades, ou tramitar o pasaporte. A maldición da emigración. As moitas estacións daquela nova vía ferroviaria foron fiestras abertas pra fuxir da miseria. Cara a Vigo, pra embarcar as Américas; cara Madrid, para traballar de mozos de cordas na estación do Norte, serenos ou camareiros. E sen esquecer a liña de Monforte pra traballar de taxistas en Barcelona, e, sobre todo, xa na década dos sesenta a inxente emigración cara Europa pola fronteira de Irún-Hendaia. Coa chegada do ferrocarril non fecundaron os terreos. O que fecundou foi o solo urbán desta cidade, que froleceu en San Francisco, A Carballeira, Mariñamansa e A Rabaza. Hoxe os fillos e os netos dos retornados e que remesaran as divisas pra sua construcción, voltan a emigrar. Pecháronse moitas estacións do ferrocarril, coma moitas aldeas morreron coa construcción da autovía das Rías Baixas. 

A despoboación do rural é unha lacra. Escolas pechadas pra convertirse en tanatorios. Casas derruídas, comestas polas silvareiras, namentras xurden novos nichos nos camposantos e enchense  de esquelas as páxinas dos xornáis. E os nosos políticos non son quen de dar coa solución, porque non queren ou non saben. É a chegada do tren da alta velocidade  a pócima máxica? A maior velocidade, maior é a oportunidade de fuxir, non de ficar poboación. Seremos o raudo paso pra que as inversións na Galicia Atlántica se desenrolen a maiores cotas do progreso. Na contra de andare mendigando fondos en Bruselas, e de fachendear do que non temos nunhos foros improductivos, por qué non aprenden os nosos políticos do que fan os curmáns portugueses?

 “Podedes desarraigar o home do seu país, máis non podedes desagarrar o país do corazón do home” (John dos Passos). 

Basta xa de tanto desarraigo que desgarra!...  Ai, Curros,  aquela fecundación desexada foi efímera!